Mensagens

A mostrar mensagens de junho, 2020

RETOS MATEMÄTICOS E RITMOS DIFERENTES

MATEMÁTICAS Imos continuar cos retos matemáticos: Reto 1 , Reto2  e Reto 3 . Hoxe van tres, a ver que tal o razonamento lóxico-matemático. Ánimo e a resolver todos. LINGUA GALEGA A Hoxe hai unha escolma diferente con outros estilos, para que vexades que na Galiza se fai de todo:  Rock-Ska: O grupo Dakidarría e a canción TERRA . Mestura de ritmos tradicionais con ritmos máis modernos e electrónicos: Rodrigo Cuevas (asturiano cantando en galego) e a canción: MUIÑEIRA PARA A FILLA DA BRUXA  con vídeos experimentais. A cantautora Uxía Senlle que xa coñecedes coa canción que compuxo para o festival CANTOS NA MARÉ . Festival da música dos países da Lusofonía, onde se falan variantes do galego-português. Música tradicional arranxada por Xabier dïaz e as Adufeiras do Salitre na CANTIGA DA MONTAÑA . Comentade no blogue que tal os retos e que cantiga vos gustou máis.

ATENCIÓN URXENTE

ATENCIÓN URXENTE Atendede ben a estas dúas informacións que vos temos que facer chegar despois da reunión de hoxe. O xoves imos facer unha videoconferencia de despedida das dúas aulas: unha para 6º A e outra para 6ªB. Ímola facer a través da plataforma da Xunta WEBEX. Só vos temos que enviar un convite ao voso correo cun enlace e un contrasinal. Para iso é moi necesario que nós enviedes ao correo do blogue o  enderezo completo do correo que queredes usar para esa reunión ben clariño para que os poidamos copiar para pór no WEBEX nos convites da reunión. Por favor,  non vos confundades. Se o podedes facer esta tarde non esperedes ata mañá, para ver se esta noite podemos crear as sesións de videoconferencia. Se alguén non mira o blogue avisádeo/ os e as que o vexades. Imos tentar que a videoconferencia de 6ºA sexa ás 10.00 e a de 6º B ás 10. 30. Necesitamos que nos enviedes nese mesmo correo   a tallaxe que queredes para encargar as camisetas. Son modelo adulto e as tallas van

MÚSICA, RITMO , POESÍA E MATES

MÚSICA, RITMO , POESÍA E MATES Como onte non vos gustou moito en xeral Sés, a ver toda esta outra variedade, dade a vosa opinión e a ver como lle dades ao caletre cos retos.  MATEMÁTICAS Hoxe van outros dous retos, os de onte eran moi doados, pois os de hoxe tamén, a ver como funciona o razoamento matemático-verbal. Como os dous prfes temos reunión na escola e non podemos atender ao blogue, cando alguén pida axuda nos comentarios, @s outr@s ídelle dando algunha pista. A darlle ao caletre! Reto  1 e Reto 2 LINGUA GALEGA Como a música de onte non vos gustou moito. a ver se esta é máis do voso agrado. É o grupo Verto; dous rapaces de Compostela, que fan música para desfrutar coas amig@s. Se vos gusta o Rap ou a música urbana hai unha conta en Instagram que se chama @hiphopemgalego. Isto é reggae, o nome artístico da rapaza çe HIGHPAW e a canción Fenda a fenda Esta é outra cantautora GUADI GALEGO e a cantiga MATRIARCAS

MÚSICA, POESÍA E XIMNASIA MENTAL

Imagem
Hoxe a desfrutar da música e dos xogos matemáticos. Ben merecido o temos todos. Nos comentarios escribídenos se vos gusta ou non e se dades feito os retos. Parabéns polo voso traballo, pero non vos desconectedes, que imos falar mañá de como organizar a videoconferencia. MÚSICA, POESÍA  E XIMNASIA MENTAL MATEMÁTICAS Imos resolver dous retos de razonmento matemático e verbal : Reto 1  e Reto2.  Ánimo que son doados, son xusto para a vosa idade. Hala, a derreter un ppouco os miolos. LINGUA GALEGA Escoitade esta entrevista a Sés, unha das mellores cantantes de Galicia neste momento. Agora escoitade a cantiga que lle dá título ao CD TRONZAR OS VALOS . Sacou CDs novos, pero a nós esta é unha das cancións que máis nos gusta. A ver se vos gus ta esta outra en directo: NON SON FADA

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO MATEMÁTICAS HOXE ACABAMOS TODO O DE MATES. Só vos queda facer esta proba de control de repaso de xeometría e, ao acabala, enviala ao correo do blogue. A partir do luns: xogos, retos e pasatempos matemáticos. CIENCIAS SOCIAIS En Sociais tamén acabamos hoxe cos contidos do libro, pero queda unha proba de competencias de repaso da historia de España no século XX  para a semana que ven. Ides ler con moita atención estas dúas últimas páxinas do libro e ides definir o concepto de TRANSICIÓN e un esquema do apartado A CONSTITUCIÓN DE 1978 E O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. Non hai que mandalo ao correo do blogue, só o de mates.

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 11 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 11 DE XUÑO MATEMÁTICAS  Volvede ver o vídeo de onte no que, ao principio, se fala do perímetro do círculo, que é o mesmo que a lonxitude da circunferencia.  Facede estas fichas  sobre a lonxitude da circunferencia. Comprobade se tedes ben as actividades do mércores cotexándoas coas SOLUCIÓNS  que deu unha compañeira. CIENCIAS SOCIAIS Lede con moita atención estas dúas páxinas do libro de C. Sociais sobre a ditadura franquista, que se impuxo en España tras a vitoria do chamado bando nacional, liderado polo xeneral Franco na Guerra Civil. Facede o exercicio 1, definindo o que foi o franquismo e explicando cada unha das súas características e o exercicio 3 de Educación Cívica. Mirade este vídeo sobre a situación de España, nos primeiros anos da ditadura franquista, xusto despois da Guerra Civil.

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 10 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 10 DE XUÑO MATEMÁTICAS Hoxe acabamos coa  teoría da xeometría, asi que vos imos pedir un último esforzo. Mirade este vídeo sobre a lonxitude da circunferencia ( perímetro do círculo) e a área do círculo. Despois, lede con moita atención a explicación que se vos dá nas fichas, e, unha vez ben entendida, facede os exercicios das fichas . OllIÑO: Que se acabe coa tería da xeometría das figuras planas, non quere dicir que se acaben os exercicios de repaso. Comprobade se tedes ben as actividades do martes cotexándoas coas  SOLUCIÓNS  que deu unha compañeira. CIENCIAS SOCIAIS Aínda que mañá é o día en que tendes cita para entregar os libros e recibir o material, non vos preocupedes porque as páxinas que nos quedan para acabar o tema da historia contemporánea de España e, que son as máis actuais, ímosvolas subir ao drive para poder continuar os traballos. Hoxe ides ver este vídeo  resuo sobre a guerra civil española e as súas consecuencias. Non tend

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 9 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES,  9 DE XUÑO MATEMÁTICAS Mirade este vídeo para repasar os polígonos regulares e as súas partes. Lede con moita atención a explicación que se vos dá antes de facer os exercicios e facede as actividades das fichas. Comprobade se tedes ben as actividades do luns cotexándoas coas SOLUCIÓNS que deu un compañeiro. CIENCIAS SOCIAIS Mirade este vídeo  escolar que fai un resumo sobre a 2º República e facede un resumo só das reformas que se levaron a cabo durante este período. Ten que ser breve , porque só tendes que falar das reformas , non dos conflictos políticos ou sociais.  Enviádeo ao correo do blogue , para comprobar que, realmente, o facedes breve e escollendo só as ideas principais das reformas levadas a cabo durante este período histórico republicano.

ACTIIDADES PARA O LUNS, 8 DE XUÑO

Ola bo día! Como hai bastantes exercicios de mates e tendes que ver os vídeos e fixarvos atentamente nas explicacións que se vos dan nas fichas e temén hai que ler con moita atención o que acontece e por que en España durante a 2ª República e a Guerra Civil, só vos poñemos exercicios de dúas materias. Queremos felecitarvos porque os Pasapalabra, en xeral, estaban bastante ben e as actividades de Plástica, tamén en xeral, foron unha artistada. ACTIIDADES PARA O LUNS,  8 DE XUÑO MATEMÁTICAS Mirade este vídeo sobre a área e o perímetro do rombo e do romboide. Mirade este vídeo sobre a área do trapecio.  Lede con moita atención a información que se vos explica nas primeiras fichas  e despois facede os exercicios correspondentes sobre a área e o perímetro dos trapecios e  outros cuadriláteros xa estudados. CIENCIAS SOCIAIS Lede con moita atención, para ver se dades entendido ben as explicacións e o vocabulario, as páxinas 112 e 113 do libro de C. Sociais sobre a 2ª Repúb

SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 Ola bo día. Facede  comentarios sobre como vos foron as correccións das tarefas e se fostes quen de entender estas correccións. Así poderemos saber se autocorrixides. Veña, ánimo, que estamos acabando. MATEMÁTICAS Aínda que as actividades de matemáticas desta semana están  todas correxidas  no blog, excepto as do venres, imos pór aquí as solucións e as explicacións das mesmas por se alguén tivo dificultades para acceder ao blog ao longo da semana.  Luns  (cadrado) -    martes  (rectángulo) -  mércores  (triángulo)  -  xoves   (rombo)-  venres  (avaliación) CIENCIAS SOCIAIS: SOLUCIÓN DO PASAPALABRA Annual Burguesía Fábricas Miguel Primo de Rivera Exilio/Exiliarse Folga Xeral de 1917 Agricultura Horas Semana Tráxica Ferrocarril Nacionalismo Dimisión/Dimitir Campesiños Monarquía País Vasco Máquina de vapor Revolución Industrial Siderúrxica/Siderurxia Restauración/Restauración Borbónica Unión Xeral de Traballadores (U.X.T.) Vitoria Téxtil Pobreza

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 5 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 5 DE XUÑO MATEMÁTICAS Facede estas  fichas  de avaliación dos conceptos básicos de xeometría e enviádea ao correo do blogue pola mañá, no mesmo momento en que a acabedes. CIENCIAS SOCIAIS Ides continuar coa segunda parte do Pasapalabra. Cando o acabedes, tamén o enviades ao correo do blogue.

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 4 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 4 DE XUÑO MATEMÁTICAS: Facede esta ficha sobre a ÁREA DO ROMBO E OUTRAS. CIENCIAS SOCIAIS: Facede esta PRIMEIRA PARTE do PASAPALABRA de repaso sobre FINAIS DO S. XIX E COMEZOS DO S. XX da historia contemporánea de España. Como ten moito que repasar só vai a primeira parte para que non se vos faga moi complicado. Non o tendes que enviar até que teñades feitas as dúas partes. A segunda, subirémola mañá.

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

Ola bo día. A ver se vos vai internet mellor do que a nós.  Como hoxe as actividades de mates son un bocadiño difíciles, só vos poñemos dúas materias, a ver se así  remoedes ben a cabeza, para ver se saen. Ímosvos pedir que deades solucións de onte para que autocorrixades xa hoxe. Non se van subir as solucións de mates no fin de semana, así que estade atentos e atentas aos comentarios no blogue. Esperamos os vosos comentarios sobre a canción de Salvador Sobral. ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO MATEMÁTICAS Por favor, o alumnado que se cita a continuación que corrixa as activides de onte que se lle asignan: Iago 1 e 5, Ainhoa 2, Óscar 3 e Alba 4. Mirade este vídeo específico sobre a área do triángulo e a súa deducción e  este outro  no que se ven os triángulos moi ben debuxados dentro dos rectángulos. Despois facede a seguinte ficha . Olliño que está en word, non a fagades directamente no drive, sen descargala primeiro. Hai actividades de razonamento, xa que non vale

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 2 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 2 DE XUÑO MATEMÁTICAS Volvede ver o vídeo de onte para repasar as áreas das figuras planas. Hoxe traballaredes nesta ficha a área e o perímetro do rectángulo. Ollo que está en formato word como onte, non traballedes nela directamente, descárgadea primeiro. CIENCIAS SOCIAIS Repasade as páxinas 110 e 111 sobre o reinado de Afonso XIII e os seus principais problemas e a ditadura de Primo de Rivera e o fin da Monarquía de Afonso XIII, para poder facer mañá unha proba de repaso sobre este período histórico de comezos do século XX en España. Facede o exercicio 2 de expresión escrita da páxina 111 sobre o significado da palabra EXILIO.  Despois de repasar estas dúas páxinas e facer o exercicio, mirade este vídeo que resume facilmente as  tres primeiras décadas do século XX na historia de España. Non fai falta facer resumo, porque o vídeo é en si mesmo un resumo. Reparade en que cando rei abandonou o país e comezou a 2ª república a bandeira do Estado ti

ACTIVIDADES PARA O LUNS, 1 DE XUÑO

Ola bo día. Comezamos xuño e no día de hoxe: mates sinxelas, repaso de lengua e unhas actividades plásticas espectaculares para desfrutar. A actividade plástica téndela que enviar ao correo do blogue cando a teñades feita, pero o prazo é toda a semana, até o luns que ven. Moita forza e ánimo para acabar ben o curso. ACTIVIDADES PARA O LUNS, 1 DE XUÑO MATEMÁTICAS Mirade primeiro este vídeo sobre as áreas máis fáciles das figuras planas. Agora facede esta ficha  sobre a área e o perímetro do cadrado. Reparade  en que está en formato word, así que non a abrades e traballedes directamente no drive, porque, se facedes isto, modificádela e quedan esas modificacións subidas no drive. Debédela descargar primeiro, antes de facela. LENGUA CASTELLANA Como hoy las actividades de mates son muy fáciles, os vamos a poner tres fichas de repaso gramatical para que recordéis algunas clases de palabras: adjetivos, enlaces ( preposiciones y conjunciones) y algún ejercicio sobre la formac