ACTIIDADES PARA O LUNS, 8 DE XUÑO
Ola bo día! Como hai bastantes exercicios de mates e tendes que ver os vídeos e fixarvos atentamente nas explicacións que se vos dan nas fichas e temén hai que ler con moita atención o que acontece e por que en España durante a 2ª República e a Guerra Civil, só vos poñemos exercicios de dúas materias.
Queremos felecitarvos porque os Pasapalabra, en xeral, estaban bastante ben e as actividades de Plástica, tamén en xeral, foron unha artistada.
ACTIIDADES PARA O LUNS, 8 DE XUÑO
MATEMÁTICAS
Queremos felecitarvos porque os Pasapalabra, en xeral, estaban bastante ben e as actividades de Plástica, tamén en xeral, foron unha artistada.
ACTIIDADES PARA O LUNS, 8 DE XUÑO
MATEMÁTICAS
- Mirade este vídeo sobre a área e o perímetro do rombo e do romboide.
- Mirade este vídeo sobre a área do trapecio.
- Lede con moita atención a información que se vos explica nas primeiras fichas e despois facede os exercicios correspondentes sobre a área e o perímetro dos trapecios e outros cuadriláteros xa estudados.
CIENCIAS SOCIAIS
- Lede con moita atención, para ver se dades entendido ben as explicacións e o vocabulario, as páxinas 112 e 113 do libro de C. Sociais sobre a 2ª República e a Guerra Civil e facede os exercicios 1 e 2 da páxina 113.
Bo día, Xandre, as actividades tedes que envialas antes de que publiquemos as solucións, despois non ten moito sentido, porque se queres podes copiar as respostas . Pensa que a primeira parte do pasapalabra xa era do xoves da semana pasada e estamos a luns.
ResponderEliminarOla. Rematei o de hoxe
ResponderEliminarOla Óscar, se queres que che corrixa os exercicios mándamos e se os tes todos ben utilizamos as túas fichas mañá como modelo de corrección ( se están claras e ordenadas).
EliminarSaúdos
Vale. Xa os mandei ahora
EliminarOla Manuel, eu non entendo o exercicio 2.c), con esos datos non son capaz de calcular a área do rombo. O resto todo feito. Un saúdo.
ResponderEliminarOla Alba. Menos mal que hai alguén que pregunta as dúbidas sobre os exercicios. Non nos confundimos ao poñer este problema. O que pretendemos é que sexades capaces de razoar cando nun problema faltan ou sobran datos para poder resolvelo. Neste caso, nin faltan nin sobran, porque o problema pódese resolver, o que pasa é que a vós aínda non vos demos as explicacións necesarias para resolvelo.
EliminarNecesitades saber canto mide a diagonal maior e como supoño que non a ides dar calculado vouvos dar eu o dato. D = 8 cm
Agora xa podes resolvelo, pero o importante é que te deches conta de que con eses datos non se podía aplicar a fómula da área do rombo.
Un saúdo
Bo día a tod@s. Como vexo que ninguén pregunta nada sobre os exercicios de hoxe, vouvos facer eu un par de preguntas. Que observades no apartado c) do exercicio 2? Podedes resolvelo cos datos que vos dá o problema? Quen sabe como se resolve?
ResponderEliminarQue falta a diagonal mayor. Pero podese facer con 4 triangulos facendo o de Pitágoras. A min explicoumo miña nai e despois acordeime que xa o viramos na clase.
EliminarMoi ben Óscar, ás veces é moi útil que alguén nos refresque a memoria. A verdade é que isto explicámolo de pasada, porque o iamos ver cando chegaramos á xeometría, pero, como lle dixen a Alba, o obxectivo era que forades capaces de razoar que vos faltaba o dato da diagonal maior. Esperaba unha choiva de preguntas ao respecto, pero ...
EliminarEu tampouco dou feito o 2.c porque non sei cómo calcular a outra diagonal. Un saúdo.
ResponderEliminarOla Iria, le un pouco máis arriba a resposta que lle dei a Alba, xa verás como es capaz de resolvelo.
EliminarUn saúdo
Ola, así co dato da diagonal maior, si se pode, a miña nai tamén me dixo o do teorema de Pitágoras, pero non o demos. Na páxina segunda de hoxe hay un erro na fórmula da área do trapecio, é a suma das bases non a multiplicación.
ResponderEliminarO obxectivo de hoxe non era que empregarades o Teorema de Pitágoras, senón que comprobarades se tiñades ou non os datos necesarios para resolver o exercicio.
EliminarOs que se acordaban do Teorema xa calcularon o dato que faltaba e que vos dei eu no comentario anterior.
Tes razón, hai un erro na fórmula do trapecio da páxina 5 ( as editoriais tamén cometen erros) que eu non detectei, pero creo que queda bastante claro nas páxinas anteriores cal é a fómula correcta.
Un saúdo
Ola Manuel, xa rematei as tarefas.
ResponderEliminarEu xa fixera o problema co de Pitágoras e deume o que dixeches.
Unha aperta virtual.
Moi ben, Breogán, alégrome de que te acordaras desa explicación e tamén de que che saíra ben.
EliminarSaúdos
E tamén mirei as correccións.
ResponderEliminarTodo rematado . Vouche mandar as fichas de mates de huxe .
ResponderEliminarUn saúdo , coidate .
TODO FEITO
ResponderEliminarOla Irene, son Fabio. Todo realizado. Espero que estés ben e unha aperta.
ResponderEliminarCostoume algunas pero as fixen. Unha aperta.
ResponderEliminar