ACTIVIDADES PARA O XOVES, 28 DE MAIO

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 28 DE MAIO

Ola bo día. Hoxe tendes que facer as actividades interactivas de mates e o resumo do período da hiatoria de España da Ditadura de Primo de Rivera para envialo posteriormente ao correo do blogue. Como esta segunda actividade non é nada fácil e os exercicios online, ao mellor requiren que voltedes a ver vídeos anteriores sobre diagonais, eixes de simetría e ángulos de polígonos, so vos imos pór estas dúas materias, para que fagades todo con moito sentido e sen présas. 
MATEMÁTICAS
  • Ved este vídeo: CLASIFICACIÓN DE TRIÁNGULOS - SEGÚN SUS LADOS Y SEGÚN SUS ÁNGULOS . 
  • Realizad estas actividades .Interactivo : clasificación triángulos : perímetro,ángulos, ejes de simetría .
  • Repasad estas actividades interactivas, a ver si hoy ya os salen a la primera: Interactivo:   Cuadriláteros 
CIENCIAS SOCIAIS
  • Ides ver este vídeo sobre a ditadura de primo de Rivera e facer un resumo. Tende coidado, porque é un vídeo escolar, realizado por alumnas e alumnos e xa está feito con esquemas. Entón so tendes que transformar os esquemas en texto, ou sexa, que é un traballo de ténicas de estudo para transformar un conxunto de esquemas nun resumo. Ides ter o problema de que vai haber algunhas palabras que non entendades e tendes que buscar no diccionario, por ex. oligarquía.
  • Lembrade que ten que ser en galego, xa que é unha actividade de Sociais.
  • Esta actividade non é fácil de facer, porque hai moita información condensade en pequenos esquemas e debedes facer un texto con toda esa información para convertilo nun resumo de todo este período histórico. Cando o teñades feito, enviádeo ao correo do blogue.

Comentários

  1. Os exercicios interactivos de matemáticas foron moi doados. Por certo, só enviamos o resume ?
    Un saúdo, Xian 6 A

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo día Xian. Se te fixas nas actividades de hoxe, só se vos pide que mandedes o resumo de sociais. Dado que os exercicios de matemáticas che resultaron moi doados, poderías dicirnos cantas diagonais e cantos eixes de simetría se poden trazar nun triángulo equilátero.

      Eliminar
    2. Acabo de ver a mensa e, perdona, ninguna diagonal e 1 eixe de simetría.

      Eliminar
    3. Perdón, pensei mellor a resposta e son 3 eixes, perdoa.

      Eliminar
    4. Dime conta de que eran tres ao dibuxalo nun folio.

      Eliminar
    5. Ben, Xian. As matemáticas hai que estudalas con lapis e papel. Son tres eixos de simetría, xa que o triángulo equilátero ten os tres lados iguais e todos os polígonos regulares teñen tantos eixos de simetría como lados.

      Eliminar
  2. Bo día, Xandre. Imos ver primeiro se Xian está de acordo contigo e despois dígovos se as respostas son correctas.
    Os exercicios de matemáticas de HOXE son sete, pero para poder pasar ao seguinte tes que facer correctamente o primeiro. Se non o fas correctamente e o comprobas non podes pasar ao seguinte.
    Unha boa estratexia de traballo, neste caso, sería facer primeiro os exercicios na libreta e despois comprobalos no ordenador.

    ResponderEliminar
  3. Eu fixen algo máis de 7. Un saúdo, Xian 6A

    ResponderEliminar
  4. Como son tan doados pódelos repasar e disme se me saltei algún, porque a min só me saen sete. Grazas.

    ResponderEliminar
  5. A resposta é correcta e coincide coa que deu Xian despois de meditalo ben.

    ResponderEliminar
  6. Ola. Rematei. Vou mandar o de sociais.
    En matematicas no dos triangulos son 7 fichas. E logo hai os de cuadrilateros de repasar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Exactamente, Óscar, son sete fichas de triángulos máis as actividades de repaso que non nos veñen nada mal, posto que nas fichas enviadas, en xeral, hai bastantes erros.

      Eliminar
    2. Eu cando remato fagolle unha captura de pantalla e asi podo mirar cando queira por eso mirei e vin que tiña 7 dos triángulos

      Eliminar
    3. Moi ben, Óscar, iso é máis práctico e tamén pode ser efectivo, sempre e cando sexas ordenado e saibas onde tes gardado cada documento. Se o tes na libreta de matemáticas sempre vas saber onde está o arquivo que buscas.
      Saúdos

      Eliminar
  7. A verdade e que non os contei, pero pareceume que fixen máis. Un saúdo, Xian 6A

    ResponderEliminar
  8. Ola Irene , son Uxía V. , xa rematei todo

    ResponderEliminar
  9. Boas, non damos aberto o enlace interactivo,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Comprobade que non tedes bloquedo o Adobe Flash Player. Podédelo ver na barra de tarefas superior da pantalla. Se está bloqueado tedes que facer clic na icona, ir a xestionar e desbloquealo.

      Eliminar
  10. Ola, fixen matemáticas, son sete, e sociais fíxeno ao ordenador, pódocho mandar así ou o escribo na libreta??

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agora mándao así, pero ti xa sabes que nestes casos prefiro que o escribades a man para valorar tamén a orde, a limpeza, o emprego das marxes, a caligrafía, etc.
      Rvísao ben antes de mandalo, porque xa sabes que os positivos, como che dixen onte, dependen en gran medida do traballo que eu leve para correxir. Se o meu traballo só consiste en ler quere dicir que está moi ben.
      Lembra que aínda que o resumo é de Sociais, tamén se valora en Lingua Galega, xa que se trata dun exercicio de expresión escrita.

      Eliminar
  11. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  12. Boas tardes Irene . Todo rematado e vídeo e resumo feito .
    Un saúdo coidate .

    ResponderEliminar
  13. Ola Irene. Xa rematei todas as tarefas e envieiche o de Socias. Unha aperta e boas noites.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO