ACTIVIDADES PARA O LUNS, 1 DE XUÑO

Ola bo día. Comezamos xuño e no día de hoxe: mates sinxelas, repaso de lengua e unhas actividades plásticas espectaculares para desfrutar. A actividade plástica téndela que enviar ao correo do blogue cando a teñades feita, pero o prazo é toda a semana, até o luns que ven. Moita forza e ánimo para acabar ben o curso.

ACTIVIDADES PARA O LUNS, 1 DE XUÑO

MATEMÁTICAS

  • Mirade primeiro este vídeo sobre as áreas máis fáciles das figuras planas.
  • Agora facede esta ficha sobre a área e o perímetro do cadrado. Reparade  en que está en formato word, así que non a abrades e traballedes directamente no drive, porque, se facedes isto, modificádela e quedan esas modificacións subidas no drive. Debédela descargar primeiro, antes de facela.
LENGUA CASTELLANA
  • Como hoy las actividades de mates son muy fáciles, os vamos a poner tres fichas de repaso gramatical para que recordéis algunas clases de palabras: adjetivos, enlaces ( preposiciones y conjunciones) y algún ejercicio sobre la formación de verbos.
PLÁSTICA
  • Seguramente esta será a nosa última actividade de Plástica e gustaríame que traballasedes coas texturas das témperas ou, quen teña na casa, os acrílicos. Mirade este vídeo que vos dá ideas para facer bonitos deseños con pinceis e outras materiais que axudan ou completan os deseños con pincel. Non tendes por que facer exactamente estes deseños, poden ser orixinais, seguindo estas técnicas ou parecidos a estes pero personalizados. Ollo: estas actividades non se poden facer con acuarelas, porque a textura da pintura ten que ser pastosa, non acuosa.

Comentários

  1. Marta, que lle da galego a miña irma, di que esta é a última semana que lle vai a dar deberes, pero esta non é a última semana do curso, verdade?
    Un saúdo, Xian.

    ResponderEliminar
  2. Ola Xandre, espero que te recuperes pronto dese contratempo que che impide andar, pero deberías ter en conta que a posibilidade de pensar e de facer ben as tarefas non debe ser nunca directamente proporcionanal á posibilidade de camiñar ou desprazarse. As 24 horas do día, ben distribuídas, chegan para facer ben moitas cousas.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Ola. Rematei o de hoxe e correxin o da semana pasada. Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Ola Manuel, todo rematado e todo correxido, o de plástica hay que mandalo ao correo?.Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. hola Irene ya he hecho todo lo de mates y lo de lengua lode plastica lo voy a ver despues

    ResponderEliminar
  6. Bo día a tod@s. Nos problemas 3 e 4 danvos a superficie dos cadrados e tedes que calcular o lado. Alguén lembra como se calcula o lado do cadrado cando coñecemos a superficie?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, si eu tamén, A= lxl , que é l², pq o ser un cadrado, os lados son iguais, entón para calcular o lado faise a raíz cuadrada da area.

      Eliminar
  7. Hola Manuel.
    O que hai que facer se non recordo mal e facer a raíz cuadradada superficie.
    Un saúdo Candela.

    ResponderEliminar
  8. Eu fixen igual que Candela. A raiz cuadrada da superficie sería o lado

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, os dous destes a solución correcta.
      A área do cadrado ou superficie = lado x lado = lado elevado ao cadrado.
      Para calcular o lado temos que buscar un número que multiplicado por si mesmo nos dea a superficie, e para iso non hai máis que calcular a raíz cadrada da superficie.

      As persoas que non teñan ben feitos estes dous exercicios están a tempo de correxilos.

      Eliminar
  9. Tarefas rematadas unha aperta martin

    ResponderEliminar
  10. Hola,está todo acabado e corregido. Un saludo.

    ResponderEliminar
  11. Ola Irene. Xa rematei todo menos o de Plástica. Unha aperta e cóidate moito.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO