ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 29 DE ABRIL


Ola, que tal?
Seguro que ya habéis salido durante estos días a dar una vuelta; suponemos que cumpliendo las normas, para no contribuír con acciones irresponsables a un rebrote del contagio por coronavirus y a una vuelta al confinamiento total. 

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 29 DE ABRIL

6ºA e 6ºB


MATEMÁTICAS

  • Continuamos con fichas de refuerzo del Tema 9. Abrid este archivo y haced los ejercicios de la página correspondiente.
LINGUA GALEGA
  • Imos comezar esta semana unha nova proba de competencias: a número catro. Abride esta ligazón, lede con atención a lectura e facede as actividades da páx. 23 (ficha 2). Esta proba ten varios exercicios de razoamento verbal e espacial, así que reparade ben no que vos piden antes de realizar as actividades.
LENGUA CASTELLANA
  • Queremos que escribáis una redacción en la que nos contéis vuestro primer paseo: con quién salisteis, por dónde, durante cuánto tiempo, qué sensaciones tuvisteis, qué es lo que os resultó más extraño... y todo lo que se os ocurra que queráis añadir. Recordad que es una narración en primera persona, con una parte objetiva (datos de lo que hicisteis) y otra, más interesante, en la que mostréis vuestras sensaciones, sentimientos, emociones, lo que pensáis acerca de lo que nos depara el futuro cercano en las relaciones entre amigos, opiniones  o reflexiones sobre comportamientos que visteis ese día...
  • Enviad al correo del blog vuestras narraciones. Tenéis hasta el viernes.
SOLUCIÓNS AOS EXERCICIOS DO LUNS 27 DE ABRIL

Comentários

  1. Hola Irene. Son Adrián
    Xa rematei mates e lengua galega

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Adrián. Que alegría saber de ti ! Facía tempo que botabamos de menos a túa presencia, aínda que só sexa virtual. É importante que sigas en contacto todos os días para preguntar dúbidas, decirnos como levas o traballo e estar ao tanto das tarefas que hai que enviar ao correo do blogue.
      Xa sabes, a partir de agora, ao pé do canón todos os días.
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Hola xa rematei todo menos a redacción de lengua.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela. Lembra que hoxe tamén podedes correxir as actividades do luns. Que tal estaban?
      Saúdos

      Eliminar
    2. Tiña dous fallos un de lengua e un problema de matemáticas por faer mal unha suma.

      Eliminar
    3. Ben, Sabela, se o erro foi por sumar mal é un mal menor, o máis importante é que entendades e razoedes os exercicios. Xa sei que sabedes sumar!
      Saúdos

      Eliminar
  3. hola Irene xa fixen os deberes de hoy
    👍🏼👍🏼👍🏼

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Álvaro. Ti sempre tan eficiente. Comprobaches que tiñas ben as actividades do luns?
      Un saúdo

      Eliminar
  4. Bo día a tod@s. Xa vistes que nas actividades de hoxe están as solucións dos exercicios que fixestes o luns. Se queredes podemos ir correxindo a tarefa de matemáticas de onte. Quen se anima a resolver o primeiro exercicio?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Son Abigail, amin o primeiro exercicio dame asi;
      a) 29h 37min 54s +34h 25min 5s = 64h 2min 59s
      b) 42h 39min 5s -21h 36min 15s = 21h 2min 40s
      Esta ben¿?
      Un saúdo

      Eliminar
    2. Ollo, Xandre! A suma está incompleta porque as horas pódense pasar a ....
      Quen o sabe?
      En canto á resta, creo que tes que repasala. Fíxate, porque hai algunha unidade de tempo que non se pode restar sen facer previamente unha transformación.

      Eliminar
    3. Ola Abigail. Na suma dígoche o mesmo que a Xandre, está incompleta, e na resta repasa os segundos.
      Espero a vosa resposta.

      Eliminar
    4. Hola Manuel.
      As horas se poden pasar a días. entón da 2 días 6 h 2 min 59 s
      Espero que esté ben.
      Un saúdo Candela

      Eliminar
    5. Ola Candela. Efectivamente, as horas hai que pasalas a días, pero 64 h son 2 días e sobran 16 h. A solución correcta é 2 días 16 h 2 min 59 s
      Un saúdo

      Eliminar
  5. Ola Xandre, o problema pódese facer de varias formas, pero o resultado sempre é o mesmo. Coa regra de tres, se está ben plantexada, tamén se resolve? Que resultado obtiveches?

    ResponderEliminar
  6. Boas Manuel, xa rematei os deberes e a redacción, ágora a mando o correo, un ha aperta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola África. Se podes , segue a ler no blogue porque estamos correxindo os problemas de matemáticas de onte. Podes participar escribindo as túas solucións.
      Saúdos.

      Eliminar
  7. Ola. Son Óscar. Todo rematado.
    A min o exercicio 1 de onte dame
    2 dias 16 horas 2 min 59 sg
    21h 2 min 50sg

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Óscar. EXERCICIO CORRECTO!!!
      Se alguén ten dúbidas que pregunte.
      Imos co exercico 2.
      Gustaríame que participaran máis persoas. Ánimo.

      Eliminar
  8. Ola Manuel a min o ex.2 dame que chega ás 14h 43min 50s

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A min dame o mesmo que a Breo

      Eliminar
    2. Pois tédelo os dous CORRECTO.
      Podemos correxir o terceiro problema, se vos animades.

      Eliminar
    3. 10 grandes que costan 3 euros e 24 pequenos que costan 4,8 euros

      Eliminar
    4. Está ben, Óscar, só che falta sumar para obter o total (7,8 euros que pagará por todo)

      Eliminar
  9. Hola son abi de novo. Xa teño todo menos a narracion, é en ordenador ou a man¿?
    Os pasapalabras mandoos agora. Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Abi. Mellor a man. En caso de que teñades algunha dificultade para enviar as fotos facédelo no ordenador e mandades o arquivo adxunto.
      Correxiches o exercicio de mates?
      Saúdos.

      Eliminar
    2. xa o correxin, agora dame o ultimo 2 días 16h 2 min e 59s, e o segundo dame 21h 2m e 50s

      Eliminar
  10. Ola Manuel, son Alba. Xa fixen todo e xa che mandei a redacción de lengua. Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alba. Non sei se te decataches de que estamos a correxir as actividades de matemáticas de onte. Anímaste a participar?

      Eliminar
    2. 4)Hacen falta 25 cajas, 24 llenas y una sin llenar.
      Un saudo Alba.

      Eliminar
    3. Ben, Alba. Está CORRECTO.
      Un saúdo

      Eliminar
  11. A min o 3 dame
    24 envases de 125ml
    10 envases de 300ml
    Paga 24x0,2:4,80€
    10x0,3:3€
    7,8€

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Sabela. EXERCICIO CORRECTO !!!
      E polo que nos queda, non imos deixar o exercicio 4 sen correxir.
      Quen se anima antes de xantar?

      Eliminar
  12. O 4º exercicio dame 24 caixas e sobran 4 rosas(abigail)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Abigail. Se só compras 24 caixas de 50 rosas tes 1.200 rosas. Como necesitas 1.224 rosas para plantar nos 68 m2 (6.800 dm2 = 60 m2) non che chegan. Polo tanto, tes que comprar 25 caixas.
      1.224 : 50 = 24,48 caixas ...................... 25 caixas, porque temos que comprar caixas enteiras.

      Eliminar
  13. O 4 dame 68x18=1224 rosas fan falta
    1224:50=24,48 caixas
    Faríannos falta 25 caixas e sobraría mais da metade de 1

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Sabela. Hoxe tiveches un día brillante.
      O exercico está CORRECTO.

      Eliminar
  14. bos dias Manuel non me sae o exercicio 2 de mates .Unha aperta Martin

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Martín. Colle papel e lápis e vas facendo as operacións seguindo a orde que che vou indicar neste exemplo. Exemplo : Expresa en horas minutos e segundos 75.520 s

      1º.- Para pasar os segundos a minutos hai que dividir entre 60.
      75.520 s : 60 Tes que facer a división con caixa e verás que che dá de cociente 1.258 (estos son minutos) e de resto 40 ( estos son segundos).Polo tanto, 75.520 s son 1.258 min e sóbran 40 s.
      2º.- Agora os minutos ( 1.258 min) pasámolos a horas dividindo entre 60.
      1.258 min : 60 Fas a división con caixa e ves que che dá de cociente 20 (horas) e de resto 58 ( estos son minutos).
      3º.- Agora só temos que ordenar os resultados.
      75. 520 s son 20 h, pero como nos sobraron 58 min e 40 s o resultado final é:
      75.520 = 20 h 58 min 40 s.

      Aquí non podo facer as divisións con caixa. Se aínda non o entendiches avísasme, fágoche o exemplo nun folio, sácolle unha foto e mándocha ao correo.
      No caso de que o entendas, pódesme dar o resultado da primeira parte do exercicio.
      Un saúdo.

      Eliminar
  15. Bos días Irene,son Iago teño todo feito e correxido
    pola tarde fago a redacción .
    Un saudo coidate .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Iago. Agora aproveita para descansar e relaxarte co paseíño da tarde, que ben o merecedes.
      Unha aperta

      Eliminar
  16. Manuel son Xián e xa fixen todos os deberes de hoxe

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Xian. Alégrame moito que participes no blogue e que vaias levando as tarefas ao día.
      Non te esquezas de enviar ao correo, cando poidas, as actividades que imos pedindo.
      Unha aperta

      Eliminar
  17. Ola Irene, xa fixen todo, tamén a redacción de lengua, pero non sei canto ten que ocupar.A min ocupoume 12 liñas. Saudos. Ainhoa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ainhoa.Non sempre a cantidade é sinónimo de calidade. Podes facer unha redacción de vinte liñas e estar mal e ,pola contra, escribir unha de doce liñas e estar perfecta. Como as túas doce liñas seguro que están moi ben, entón son suficientes.
      Un saúdo

      Eliminar
  18. Ola Irene, son Fabio.Traballo realizado sen ninguna dúbida. Unha aperta

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO