ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

Ola bo día. A ver se vos vai internet mellor do que a nós. 
Como hoxe as actividades de mates son un bocadiño difíciles, só vos poñemos dúas materias, a ver se así  remoedes ben a cabeza, para ver se saen. Ímosvos pedir que deades solucións de onte para que autocorrixades xa hoxe. Non se van subir as solucións de mates no fin de semana, así que estade atentos e atentas aos comentarios no blogue.
Esperamos os vosos comentarios sobre a canción de Salvador Sobral.

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

MATEMÁTICAS

  • Por favor, o alumnado que se cita a continuación que corrixa as activides de onte que se lle asignan: Iago 1 e 5, Ainhoa 2, Óscar 3 e Alba 4.

  • Mirade este vídeo específico sobre a área do triángulo e a súa deducción e  este outro no que se ven os triángulos moi ben debuxados dentro dos rectángulos. Despois facede a seguinte ficha. Olliño que está en word, non a fagades directamente no drive, sen descargala primeiro. Hai actividades de razonamento, xa que non vale tentar achar a área do triángulo sen máis, hai que tentar descompoñer algunhas figuras. Así que a darlle ao caletre.
LINGUA GALEGA
  • Facede estas fichas para repasar o uso do pronome.
  • Asistide a este vídeo da cantiga de Salvador Sobral que gañou o Festival de Eurovisión 2017. Comprobade se desta vez coñecedes todas as palabras. Comentade no blogue as que non coñecedes.

Comentários

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Fabio, bo día. A forma verbal ouve é do verbo ouvir, que é unha variante que tamén existe en galego, significa oír. Preces existe en galego e en castelán e significa oracións ou rezos. Moi boa comprensión. Unha aperta.

      Eliminar
    2. Ola Irene. Volvo a escribir este comentario porque non o entendeu o traductor. Xa rematei as fichas de Galego e non entendín dúas palabras: ouve e preces.
      Pola tarde fago Mates, porque agora non podo. Unha aperta.

      Eliminar
  2. Ola de novo, ouve non sei moi ben o seu significado pero creo que o sei más ou menos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Ola Irene, da cantiga de Salvador Sobral, non entendín a palabra ouve. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mira o primeiro comentario que lle fixen a Fabio e xa les o significado. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Entendin todo da canción de Salvador Sobral. É moi bonita.
    Un saúdo, Xian 6 A

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muito bem Xian. Si que é linda esta cantiga, xa vos porei outro que lle compuxo a súa irmá que tamén é cantante e compositora. Unha aperta.

      Eliminar
  5. Hola Irene . Todo feito .
    As palabras que non entendo son ouve e paixão .
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Rematei todo e da canción entendín todo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Óscar, podes correxir o problema 3 das actividades de onte.

      Eliminar
  7. Ola Manuel, todo feito, da canción eu on entendín ouve que agora xa sei o q significa, e peço e sozinho. Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alba, podes correxir o problema 4 das actividades de onte.

      Eliminar
    2. Ola Alba, peço é a 1ª persoa do presente do verbo pedir e sozinho é estar so, estar solito en castellano. Unha aperta.

      Eliminar
  8. Ola Manuel, a altura é 686,45 dm, que é o resultado de dividir a Área 6.384 dm² entre a base q é 9'3 dm. O perímetro é a suma de 2 veces a altura e 2 veces a base, é 1.391,5 dm. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alba, os resultados están ben, pero sería conveniente que puxeras as operacións indicadas como as tiñas na libreta , coa fórmula incluída.

      Eliminar
    2. Ola, A=bxa, a=A:b 6.384 dm² : 9,3 dm= 686,45 dm.
      P= bx2+ax2= 9,3 dm x2 + 686,45 dm x2= 1.391,50 dm. Así??

      Eliminar
    3. Este comentário foi removido pelo autor.

      Eliminar
    4. A é Área, b é a base do rectángulo, a é a altura do rectángulo, e P é o perímetro.

      Eliminar
    5. Ola Alba, agora queda perfectamente explicado e os/as que queiran correxir poden facelo comprobando tamén que operación hai que facer en cada caso.
      Saúdos

      Eliminar
  9. Ola Irene o resultado do primeiro exercicio de mates de onte é :
    24 , 8 m mide el perímetro del rectángulo y 35 ,55 m mide el área del rectángulo .

    ResponderEliminar
  10. Ola. No problema 3 de onte a área do rectángulo serían 24,57 dm cadrados.
    Cada lado mide 6,3dm enton os dous miden 12,6
    20,4 dm de perímetro- 12,6= 7,8 dm
    7,8 dm ÷2=3,9 dm o outro lado
    Area= 6,3dm x 3,9dm= 24,57 dm2

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Óscar, o problema está ben resolto, aínda que hai algún dato que non explicaches moi ben de onde sale. 7,8 dm a que corresponden?

      Eliminar
    2. 7,8 dm sería o que miden os dous lados do rectángulo

      Eliminar
    3. Exactamente, pero se o pos da seguinte maneira enténdese mellor :

      6,3 dm x 2 = 12,6 dm que miden dous dos lados iguais.
      20,4 - 12,6 = = 7,8 dm que miden os outros dous lados iguais.
      7,8 : 2 = 3,9 dm que mide o lado descoñecido.
      A = b x a
      A = 6,3 dm x 3,9 dm = 24,57 dm2 de superficie.

      Eliminar
  11. Ola Irene son Uxía V. eu xa rematei todo e tamén entendín ben a canción

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Uxía, muito bem. Moi boa comprensión. Unha aperta.

      Eliminar
  12. O resultado do exercicio cinco de mates de onte é :
    287 , 5 cm mide o perímetro do rectángulo .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Iago, cando vos pedimos que corrixades algún exercicio, non se trata de que poñades só o resultado, hai que explicar tamén como chegaches ao mesmo. Se non escribides as operacións do problema os compañeir@s que non teñan ben o resultado non poden saber que é o que fixeron mal.
      Un saúdo

      Eliminar
  13. Respostas
    1. Moi ben, Breo. Entendiches ben a canción e non tiveches dificultades en mates? Unha aperta.

      Eliminar
  14. Bos días Irene , todo rematado e vídeos vistos .
    Un saúdo , coidate .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vale Iago, entendiches ben a canción? Repara no comentario que che fixemos antes sobre as correccións de mates. Unha aperta.

      Eliminar
  15. Profe eu xa fixen todo. Pero o exercicio que 1 de lingua galega non o entendo moi ben. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Martín. Que é o que non entendes, a 1ª pregunta do exercicio?

      Eliminar
    2. Bo día Martín. As formas contraídas dos pronomes tónicos coas preposicións en e de
      telas no cadro que encabeza a ficha( contraccións dos pronomes coas preposicións). Le o seguinte parágrafo que aparece na ficha :
      "Pola súa parte as formas tónicas de terceira persoa (el, ela, eles,
      elas) tamén contraen coas preposicións de e en: del, dela, deles,
      delas; nel, nela, neles nelas".

      Eliminar
  16. En el dos o que hice fue: pasar 6,3 a cm , y da 63,lo multplicas por 48 y te da 3.024cm cuadrados de area, lo pasas a metros cuadrados y da 0,3024 m cuarados de area.multiplicas 63 por 2 que da 126 y 48 por 2 , que da 96. lo sumas y da 222cm de perimetro, lo pasas a m cuadrado y da 2,22 m cuadrados.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Está moi ben explicado Ainhoa, pero a próxima vez que teñas que correxir tes que pór tamén as operacións indicadas. Toma como exemplo a corrección que fai Iago no comentario seguinte.
      Un saúdo

      Eliminar
    2. Bos días aquí esta a nova explicación:

      6,3 dm=63cm
      48 x 63= 3.024cm cuadrados de área
      3,024cm cuadrados=o,3024m cuadrados de área
      63 X 2=126,48 x 2=96
      126+96=222cm
      222cm=2,22m=2,22 metros cuadrados

      Esta vale?

      Eliminar
  17. Bos días Irene perdoa por non explicar ben o exercicio de mates :
    790 cm = 7 , 9 metros mide un lado do rectángulo
    7 , 9 · 2 = 15 ,8 m miden dous lados do rectángulo
    4 , 5 · 2 = 9 m miden dous lados do rectángulo
    15 , 8 + 9 = 24 , 8 m mide o perímetro do rectángulo .
    4, 5 · 7 , 9 = 35 , 55 m mide a área do rectángulo .

    Iste é o quinto problema :
    12 , 5 dm = 125 cm mide a base do rectángulo
    125 · 2 = 250 cm mide n as dúas bases do rectángulo en total
    825 - 250 = 575 cm mide la altura del rectángulo entre los dos lados
    575 : 2 = 287 , 5 cm mide la altura del rectángulo .

    A cantiga esta moi chula . En tendín todo , perfectamente .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Iago, agora está perfectamente explicado con todas as operacións que son precisas para chegar ao resultado final.
      Un saúdo

      Eliminar
  18. Ola Manuel
    eu non entendín as palabras preces,ouve, sozinho, devagarinho e paixao.

    un saúdo
    Lucía

    ResponderEliminar
  19. Ola Irene. Xa rematei todo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  20. Ola Manuel.
    Eu non entendit as palabras preces e paixao.
    Un saúdo.
    Daniel Mateos 6ºB

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO