ACTIVIDADES PARA O MARTES, 2 DE XUÑO
ACTIVIDADES PARA O MARTES, 2 DE XUÑO
MATEMÁTICAS
CIENCIAS SOCIAIS
MATEMÁTICAS
- Volvede ver o vídeo de onte para repasar as áreas das figuras planas.
- Hoxe traballaredes nesta ficha a área e o perímetro do rectángulo. Ollo que está en formato word como onte, non traballedes nela directamente, descárgadea primeiro.
CIENCIAS SOCIAIS
- Repasade as páxinas 110 e 111 sobre o reinado de Afonso XIII e os seus principais problemas e a ditadura de Primo de Rivera e o fin da Monarquía de Afonso XIII, para poder facer mañá unha proba de repaso sobre este período histórico de comezos do século XX en España.
- Facede o exercicio 2 de expresión escrita da páxina 111 sobre o significado da palabra EXILIO.
- Despois de repasar estas dúas páxinas e facer o exercicio, mirade este vídeo que resume facilmente as tres primeiras décadas do século XX na historia de España. Non fai falta facer resumo, porque o vídeo é en si mesmo un resumo. Reparade en que cando rei abandonou o país e comezou a 2ª república a bandeira do Estado tiña unha cor diferente e o himno tamén era outro ( Himno de Riego).
LENGUA CASTELLANA
- Haced estas fichas de repaso sobre los diptongos e hiatos y las peculiaridades de su acentuación.
Non se pode entrar ficha de mates.
ResponderEliminarUn saúdo, Xian.
Ola Xian, había un problema coa ligazón, xa está solucionado.
EliminarOla Irene. Bos días. En Mates non hai ningunha ficha. Unha aperta.
ResponderEliminarOla fabio, o problema coa ligazón xa está solucionado, xa está subida no drive.
EliminarOla. Rematei. Saudos
ResponderEliminarOla Xandre, lembra que hai que pór sempre a unidade na que está expresado o resultado,
ResponderEliminar1.- P = 45,2 m A = 127,69 m2
2.- A = 53,29 cm2
3.- l = 11 cm
4.- P = 48 cm
5.- l = 86,75 m
As SOLUCIÓNS das actividades de matemáticas de onte que deu Xandre son CORRECTAS, aínda que nalgúns resultados faltan as unidades de lonxitude e de superficie nas que están expresados os resultados.Lembrade que é obrigatorio poñelas.
ResponderEliminarComprobade tod@s que tedes ben os exercicios. Se non coincidides nalgunha solución dicídeo, e explicámolos con todas as operacións necesarias para chegar á mesma.
Eu teñoo ben .
EliminarOla Óscar, se queres pódesme mandar as actividades de hoxe de matemáticas e se están ben mañá corrixes ti.
EliminarUn saúdo
Ola Manuel, todo feito e matemáticas todo correcto. Un saúdo
ResponderEliminarOla Alba, dígoche o mesmo que a Óscar, se queres participar nas correccións.
EliminarSaúdos
Ola Manuel, xa chas enviei ao correo. Un saúdo
EliminarSe alguén máis quere participar nas correccións ten que mandar os exercicios feitos ao correo.
ResponderEliminarMandaremos correxir a algúns/algunhas das que os teñan ben .
Hola Manuel son Xián EU fixen as fichas de lengua e mates de onte na libreta e as de mates de hoxe vou as facer tamen. Envío he as fotos?
ResponderEliminarOla Xian, os exercicios de matemáticas de onte xa os correximos hoxe no blog, comproba que os tes ben. As fichas de Lengua tédelas que correxir vós cando poñamos as solucións. Só pedin que mandarades ao correo, os exercicios de matemáticas de hoxe, aqueles que queirades participar mañá na corrección dos mesmos, para comprobar se os tedes correctos.
EliminarHola Irene todo feito e rematado .Un saúdo coidate .
ResponderEliminarOla
ResponderEliminarO de Mates tiñao todo ben
Saudos
Xurxo
Moi ben, Xurxo.Espero que nos exercicios de hoxe tamén teñas un pleno.
EliminarSaúdos
Ola Irene. Xa rematei todo. Unha aperta.
ResponderEliminar