SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 Ola bo día. Facede  comentarios sobre como vos foron as correccións das tarefas e se fostes quen de entender estas correccións. Así poderemos saber se autocorrixides. Veña, ánimo, que estamos acabando.
  • MATEMÁTICAS

Aínda que as actividades de matemáticas desta semana están  todas correxidas  no blog, excepto as do venres, imos pór aquí as solucións e as explicacións das mesmas por se alguén tivo dificultades para acceder ao blog ao longo da semana.

 Luns (cadrado) -   martes (rectángulo) - mércores (triángulo)  - xoves  (rombo)- venres (avaliación)


  • CIENCIAS SOCIAIS: SOLUCIÓN DO PASAPALABRA
  1. Annual
  2. Burguesía
  3. Fábricas
  4. Miguel Primo de Rivera
  5. Exilio/Exiliarse
  6. Folga Xeral de 1917
  7. Agricultura
  8. Horas
  9. Semana Tráxica
  10. Ferrocarril
  11. Nacionalismo
  12. Dimisión/Dimitir
  13. Campesiños
  14. Monarquía
  15. País Vasco
  16. Máquina de vapor
  17. Revolución Industrial
  18. Siderúrxica/Siderurxia
  19. Restauración/Restauración Borbónica
  20. Unión Xeral de Traballadores (U.X.T.)
  21. Vitoria
  22. Téxtil
  23. Pobreza

Comentários

  1. Ola. Eu rematei agora de correxir. Tiña un perímetro mal e dous resultados mal por pasar mal en dm cuadrados.
    Vin que na ficha do rombo a primeira explicacion está mal e na ficha do xoves faltan os datos do apartado c do 2.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Óscar, cando dis que a primeira explicación está mal supoño que te refires a que na operación aparece un cero en lugar dun igual. Se non é iso aclárame a que te refires para poder correxilo.
      Faltaba a solución do terceiro polígono, pero agora xa está posta.
      Un saúdo

      Eliminar
    2. Cando explica a relacion entre o rombo e o rectángulo. Nas solucions pon que a area do rombo é a mitad da area do cuadrado, e tiña que por que é a mitad da do rectángulo

      Eliminar
    3. Si, é así, xa está correxido e así estaba explicado tamén no blog.
      Grazas pola túa observación.
      Saúdos

      Eliminar
  2. Ola Manuel.
    Na ficha do rectángulo teño o perímetro do exercicio 3, e o lado do exercicio 5 mal, non o dividín entre dous.
    Na ficha do rombo teño mal o perímetro do apartado 1 do exercicio 2.
    Na avaliación xa me fixei nos erros que cometín.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ola Manuel.
    Estiven corrixindo o do triángulo e dinme conta de que no exercício 2 na resta pos 3.660 e o correcto é 3.600.
    Unha aperta.
    Daniel Mateos 6ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Daniel, creo que agora xa está correcto.
      Un saúdo

      Eliminar
  4. Ola Manuel, todo correxido e o pasapalabra teño todo ben, só nunha puse folgas xerais non folga xeral de 1917 e puxen victoria non vitoria, en matemáticas a área dun rombo é a métade dun rectángulo non dun cadrado. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Ola Manuel
    Eu tiña mal:
    os exercicios 4 e 5 do martes
    o 4 do mércores
    os exercicios 1 e 2 do xoves
    E o 6 do Venres
    Tamén penso que a corrección do exercicio 6 do Venres está mal, pois a base da figura B no apartado 1 é 8cm en lugar de 10cm

    Un saúdo
    Lucía 6ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lucía. A base do rectángulo (1) son 12 - 4 = 8 cm.(así aparece na corrección)
      Altura : 8 + 2 = 10 cm
      Comproba que fixeches a división do polígono igual que está ficha, porque hai outras formas de resolvelo.
      Un saúdo

      Eliminar
    2. si agora xa o entendo.
      eu facía 8cm de base x 8cm de altura (non tiña en conta os 2cm que había que sumar ós 8cm da altura). Moitas grazas
      Lucía

      Eliminar
    3. Non hai de que, para iso estamos, para intentar aclarar as dúbidas entre todos.
      Saúdos

      Eliminar
  6. Ola Irene son Uxía V. xa correxín e tiña case todos os exercicios ben o único o Pasapalabra tiven máis erros

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO