ATENCIÓN URXENTE

ATENCIÓN URXENTE

Atendede ben a estas dúas informacións que vos temos que facer chegar despois da reunión de hoxe.

  • O xoves imos facer unha videoconferencia de despedida das dúas aulas: unha para 6º A e outra para 6ªB. Ímola facer a través da plataforma da Xunta WEBEX. Só vos temos que enviar un convite ao voso correo cun enlace e un contrasinal. Para iso é moi necesario que nós enviedes ao correo do blogue o  enderezo completo do correo que queredes usar para esa reunión ben clariño para que os poidamos copiar para pór no WEBEX nos convites da reunión. Por favor,  non vos confundades. Se o podedes facer esta tarde non esperedes ata mañá, para ver se esta noite podemos crear as sesións de videoconferencia. Se alguén non mira o blogue avisádeo/ os e as que o vexades.
  • Imos tentar que a videoconferencia de 6ºA sexa ás 10.00 e a de 6º B ás 10. 30.
  • Necesitamos que nos enviedes nese mesmo correo  a tallaxe que queredes para encargar as camisetas. Son modelo adulto e as tallas van desde a XS ata a L, ou sexa, XS, S, M ou L. Cremos que a XL xa é moito para vós e non se vai encargar.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 24 DE MARZO

RETOS MATEMÄTICOS E RITMOS DIFERENTES