ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO MATEMÁTICAS HOXE ACABAMOS TODO O DE MATES. Só vos queda facer esta proba de control de repaso de xeometría e, ao acabala, enviala ao correo do blogue. A partir do luns: xogos, retos e pasatempos matemáticos. CIENCIAS SOCIAIS En Sociais tamén acabamos hoxe cos contidos do libro, pero queda unha proba de competencias de repaso da historia de España no século XX para a semana que ven. Ides ler con moita atención estas dúas últimas páxinas do libro e ides definir o concepto de TRANSICIÓN e un esquema do apartado A CONSTITUCIÓN DE 1978 E O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. Non hai que mandalo ao correo do blogue, só o de mates.
ACTIVIDADES PARA O XOVES, 28 DE MAIO Ola bo día. Hoxe tendes que facer as actividades interactivas de mates e o resumo do período da hiatoria de España da Ditadura de Primo de Rivera para envialo posteriormente ao correo do blogue. Como esta segunda actividade non é nada fácil e os exercicios online, ao mellor requiren que voltedes a ver vídeos anteriores sobre diagonais, eixes de simetría e ángulos de polígonos, so vos imos pór estas dúas materias, para que fagades todo con moito sentido e sen présas. MATEMÁTICAS Ved este vídeo: CLASIFICACIÓN DE TRIÁNGULOS - SEGÚN SUS LADOS Y SEGÚN SUS ÁNGULOS . Realizad estas actividades . Interactivo : clasificación triángulos : perímetro,ángulos, e jes de simetría . Repasad estas actividades interactivas, a ver si hoy ya os salen a la primera: Interactivo: Cuadriláteros CIENCIAS SOCIAIS Ides ver este vídeo sobre a ditadura de primo de Rivera e facer un resumo. Tende coidado, porque é un ...
MATEMÁTICAS Imos continuar cos retos matemáticos: Reto 1 , Reto2 e Reto 3 . Hoxe van tres, a ver que tal o razonamento lóxico-matemático. Ánimo e a resolver todos. LINGUA GALEGA A Hoxe hai unha escolma diferente con outros estilos, para que vexades que na Galiza se fai de todo: Rock-Ska: O grupo Dakidarría e a canción TERRA . Mestura de ritmos tradicionais con ritmos máis modernos e electrónicos: Rodrigo Cuevas (asturiano cantando en galego) e a canción: MUIÑEIRA PARA A FILLA DA BRUXA con vídeos experimentais. A cantautora Uxía Senlle que xa coñecedes coa canción que compuxo para o festival CANTOS NA MARÉ . Festival da música dos países da Lusofonía, onde se falan variantes do galego-português. Música tradicional arranxada por Xabier dïaz e as Adufeiras do Salitre na CANTIGA DA MONTAÑA . Comentade no blogue que tal os retos e que cantiga vos gustou máis.
Comentários
Enviar um comentário