ACTIVIDADES PARA O VENRES, 22 DE MAIO

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 22 DE MAIO

Ola, bo día. Hoxe non están subidas actividades de Plástica, porque estamos agardando por máis deseños da camiseta para a graduación. A ver se chegan os que faltan neste fin de semana. Se non é así, xa acaba o prazo e o luns serán subidas outras propostas de actividades artísticas.
Mañá colgaremos no blogue o vocabulario coas definicións das poucas palabras que non comprendestes do fado de Ana Moura. Por certo, as conclusións que extraestes do experimento lingüístico son moi interesantes. Bo traballo!


CIENCIAS SOCIAIS
  • Mirade este vídeo sobre a "Semana Tráxica de Barcelona" de 1909 e facede un pequeno resumo sobre este acontecemento. Lembrade que, aínda que o vídeo estea en castelán, o resumo ten que ser en galego porque estamos en Ciencias Sociais. Ide parando o vídeo cando o necesitedes para ir anotando as ideas que vos parezan máis importantes.
MATEMÁTICAS
  • Abrid este enlace para hacer los e jercicios de repaso. Lleva operaciones combinadas, ya que hace mucho tiempo que no las repasamos, así que ojo con el rango de las operaciones, es decir, cuál es el orden en el que hay que ir resolviendo las operaciones combinadas.
  • Cuando acabéis los ejercicios, enviadlos al correo, sólo son 5.
LENGUA CASTELLANA
  • Abrid este enlace, leed con atención la lectura de la página 22 y después haced los ejercicios de la página 23.

Comentários

  1. Bos días Xandre. Xa enviou moita xente o deseño da camiseta, pero faltan uns e unhas poucos/as; entón imos agardar este fin de semana para ver se chegan todos e así enviar a carpeta con todos os deseños ao cole, para que elixan ou fagan un collage ou mestura de deseños que queiran e encargar a impresión das dúas camisetas. Non vos preocupedes os que xa enviastes o boceto, porque xa están arquivados. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Hola, Irene chegouche o diseño da camiseta ?

    ResponderEliminar
  3. Moi ben Xandre. Agora espera a que subamos as solucións ao blogue para autocorrixir e coidado con correr moito ao facer os exercicios de mates que son moi traicioneiros e se despista un con moita facilidade. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Ola, todo feito, e mandado ao correo os exercicios de matemáticas. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ben feito, como sempre, Alba. Atenta a cando subamos as correccións ao blogue para poder autocorrixir. Despois podedes enviar un comentario a esas solucións, para saber como vos foi e se tiviestes dúbidas ou dificultades. Unha aperta.

      Eliminar
  5. Ola . Rematei todo e mandei o de matemáticas ao correo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que un excelente traballo, como sempre. Autocorrixide cando subamos as solucións ao blogue. Facédenos chegar despois os vosos comentarios para saber como vos foi. Unha aperta.

      Eliminar
  6. Ben feito Xandre. Arquivados os exercicios. Estate atento ao blogue, para que, cando subamos as solucións de mates, poidas autocorrixir con moit atención, porque as mates son moi propicias aos despistes e hai que centrar moito a atención. Cando autocorrixades, facédenos chegar comentarios a esas solucións para saber como vos foi e se tivestes algunha dúbida ou dificultade. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Ola Manuel, xa rematei todo , unha aperta May

    ResponderEliminar
  8. Ola bos días Irene . Xa remetei todo .
    Un saúdo , coidate.

    ResponderEliminar
  9. Xa rematei todo .
    Un saúdo , coidate .

    ResponderEliminar
  10. Ola Irene, son Fabio. Xa rematei todo e non tiven ningunha dúbida. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO