ACTIVIDADES PARA O MARTES, 26 DE MAIO

Ola bo día. Como hai moito vídeo que mirar, reflexionar e entender en matemáticas, so vos imos pór dúas materias para hoxe. Pero tendes que prestarlle  moita atención a todos os conceptos matemáticos de hoxe, porque a xeometría pode ser un pouco complicada. Avante, que estamos moi perto do final!

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 26 DE MAIO

MATEMÁTICAS
  • Como imaginamos que ayer habéis tenido dificultades con el número de diagonales que se pueden trazar en un polígono, os subimos este vídeo para que podáis entenderlo mejor.
  • Como suponemos que, si habéis tenido problemas para encontrar las diagonales, peor habrá sido encontrar los ejes de simetría, os subimos otro vídeo para que lo entendáis mejor y este otro en el que os explica los ejes de simetría de casi todas las figuras planas o polígonos.
  • No os saltéis estos vídeos, porque en esta semana y en la que viene, vamos a subiros ejercicios con figuras a las que vosotros/as tendréis que dibujar diagonales y ejes de simetría.
  • Y, como suponemos también que aún habréis tenido más dificultades para saber cuánto medían los ángulos de las figuras planas,  aquí os dejamos otro vídeo explicativo sobre las medidas de los ángulos de los polígonos regulares.
  • Y ahora vais a leer esta ficha sobre la suma de las medidas de los ángulos de los triángulos y cuadriláteros y después hacéis los ejercicios posteriores. En la última oración de la página de explicación hay un error: no es la suma de los tres ángulos de cualquier triángulo, sino de cualquier cuadrilátero.
  • Ayer nos quedamos un poco frustrados al ver que no preguntabais nada sobre las dudas que teníais al hacer las actividades online y supusimos que ,aunque no os salían, le dabais al comprobar, veíais la solución verdadera y os quedabais así con las dudas. Sed sinceros y sinceras y hacednos llegar en los comentarios de hoy si realmente pasó esto que pensamos, o si, por el contrario, estamos equivocados y resolvisteis por vosotros/as mismos/as todas vuestras dudas.
LENGUA CASTELLANA
  • Vamos a continuar con la ficha que falta de la prueba de competencias. Abrid este enlace y hace la ficha de la página 24.

Comentários

  1. Ola Manuel,
    todo ben? E certo que eu tiven algunhas dificultades cos exercicios, sobre todo coas diagonais, pero meu pai axudoume a entendelos. Tamén tiven problemas con unha cousa da que non lembro moi ben pero era algo así como averiguar o angulo do centro dun cadrado.
    un saúdo
    Lucía 6ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo día, Lucia, aínda que teñades a sorte de contar con axuda na casa, é importante que fagades preguntas a través do blog para que nós poidamos saber se tedes ou non dificultades e así poder afondar nos conceptos que non entendedes.
      Con respecto ao ángulo central dun polígono, mañá porémosvos unha explicación para aclarar este concepto.
      Un saúdo

      Eliminar
  2. Ola. Eu tamen tiña dudas pero antes de empezar explicoume miña nai qué era o eixe de simetría, dixome unha formula para saber as diagonais e tamen que os ángulos xuntos medían 360 grados e asi non fallei ningún. E entendin todo ben por eso non preguntei.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Óscar, ti tamén tes moita sorte, porque podes resolver as dúbidas na casa, pero dígoche o mesmo que á túa compañeira, a través desta canle tamén se poden resolver.
      Aproveito que fas mención a unha fórmula para calcular as diagonais dun polígono para dála a coñecer a tod@s os que queiran aprendela.

      DIAGONAIS DUN POLÍGONO = n ( n-3)/2
      n = Nº de lados do polígono.

      Eliminar
  3. Onte non entendía moi ben as diagonais, pero agora xa me quedou claro.
    Un saúdo, Xian.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Xian. Alegrámonos de poder servir de axuda, dándovos recursos para poder aclarar as vosas dúbidas. Pero debedes de as preguntar cando as tendes para non quedar con elas. Non teñades vergoña de usar os comentarios do blogue para pedir axuda. Todo o mundo ten dúbidas e erros e é de persoas intelixentes tentar usar os medios dos que se dispoñen para tentar solucionar dúbidas e corrixir erros. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Ola Irene! as actividades de mates eran faciles, ao principio costabanme un pouquiño o das diagonais pero logo entendin. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Victoris. Le o comentario anterior que lle escribín a Xian porque serve para todos e todas. Non vod quededes con dúbidas. Unha aperta.

      Eliminar
  5. Ola Irene, xa rematei todo. Onte quedeime con dudas en matemáticas pero hoxe vendo os videos xa entendín todo. Un saúdo, son Iria.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Iria. Fixemos unha especie de experimento para ver se vos atrevíades a preguntar e tiñamos os enlaces preparados para axudarvos a entender, pero queríamos comprobar se as actividades online serven para algo ou simplemente o que facedes é esperar a errar tres veces para que vos saia o comprobar e vos dé a resposta correcta e así vós xa non necesitades entender porque vos vale so con averiguar a resposta correcta e xa está. Non fiquedes con dúbidas. Unha aperta.

      Eliminar
  6. Os eixes de simetría son moi fáciles.
    Un saúdo, Xian.

    ResponderEliminar
  7. Ola Manuel, eu cos vídeos entendín todo ben, xa rematei todo. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Alba. Pódesnos dicir canto miden os ángulos interiores do pentágono do exercicio 6.

      Eliminar
    2. Ola, a suma de todolos angulos e 540°

      Eliminar
    3. CORRECTO!! E se fora un hexágono, cal sería a suma de todos os seus ángulos interiores?
      Cavila un pouco.

      Eliminar
    4. Non teñas dúbida, Alba, son 720º, porque un hexágono pódese dividir e catro triángulos. Como os ángulos dun triángulo miden 180º, 180 x 4 = 720 º
      Para non ter que dividir os polígonos en triángulos e poder calcular facilmente o seu número de grados podemos utilizar esta fórmula, que deberíades anotar na libreta:

      Nº DE GRADOS DUN POLÍGONO = (n- 2) x 180º
      n = Nº de lados do polígono.

      Nº de grados dun hexágono = (6-2) x 180º = 4 x 180º = 720º

      Eliminar
  8. Ola Xandre, alégrome que che quede todo claro, pero cando non sexa así non dubides en preguntar.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  9. Ola Irene , son Uxía V. ,eu xa rematei todo e tamén o entendín.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Uxía. Pódesnos dicir ti canto mide cada un dos ángulos interiores dun triángulo equilátero?

      Eliminar
    2. Claro!Eu penso que cada un dos ángulos interiores dun triángulo equilátero mediría :60°

      Eliminar
    3. Moi ben, Uxía. Un triángulo equilátero ten os tres lados e os tres ángulos iguais, polo tanto, se todos os ángulos miden 180º, cada un deles medirá 60º.
      Un saúdo

      Eliminar
  10. Ola,Irene eu tiven alguna duda pero a miña irma aclaroumo todo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo, agora que xa o tes todo claro, pódes resolver o exercicio 2 das actividades de hoxe de matemáticas?
      Un saúdo

      Eliminar
  11. Ola Manuel, xa rematei as tarefas. No de onte, busquei os exes e as diagonais e incluso facendo os exercicios co que encontrei, púñame que estaba mal, pero agora xa o entendo mellor. No de hoxe collín anotacións dos vídeos para non olvidarme das cousas que se explican neles.
    Unha aperta virtual.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breogán. Alégrome que agora o entendas mellor. De todas formas, por que non preguntaches onte cando non che saían os exercicios? Os mesmos vídeos que vistes hoxe xa os tiñamos preparados onte para respostar as vosas posibles dúbidas.
      Hai un refrán que di : "Preguntando vaise a Roma". Non o esquezas.
      Un saúdo

      Eliminar
  12. Respostas
    1. Ola Óscar, podes resolver ti o exercicio 4 da ficha de hoxe?

      Eliminar
    2. Si. Na primeira sería 360 -(115+115+85)=45 grados
      Na segunda 360 - (90+90+135)= 45 grados

      Eliminar
    3. Moi ben, Óscar, non só está correcta a resposta, senón que tamén está moi ben explicado.
      Saúdos

      Eliminar
  13. Bos días Irene . Todo rematado e vídeos vistos .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Iago, non sei se liches os comentarios que fomos facendo ao longo da mañá. Se os liches, intenta contestar a esta pregunta: cantos grados miden os ángulos internos dun heptágono regular?
      Un saúdo

      Eliminar
  14. Bos días, son Abi, eu onte non preguntei nada porque os luns as 5 teño clases online cunha profesora de matematicas,enton esas dudas xa llas consultei a ela. Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. pd;os demais días da semana consulto as dubidas no blogge

      Eliminar
    2. Ola Abi, o importante e que che queden as cousas claras, que non te quedes con dúbidas, para poder seguir avanzando.
      Un saúdo

      Eliminar
  15. Tarefas rematadas costoume un poco pero o acabei conseguindo .Unha aperta Martin

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Martín, xa facía días que non tiñamos noticias túas. Espero que esteas levando as tarefas ao día como estabas facendo ata o momento.
      Un saúdo

      Eliminar
  16. Ola Manuel, xa rematei todo y xa vin os videos ahora me quedou todo máis claro, un saudo May

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola May, alégrome de que os vídeos que axudaran a enterder o tema.
      Un saúdo

      Eliminar
  17. Ola Irene, xa rematei todo, xa vin os vídeos e xa teño todo máis claro.
    Un saúdo Uxía Miranda.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Uxía. Alegrámonos de que os vídeos vos axudaran a entender mellor todos estes conceptos. Unha aperta.

      Eliminar
  18. Hola soy Sabela Scaramuzzino ya acabe todo.
    Ayer no puse nada porque fui al dentista.
    Lo entendí más o menos, pero hoy ya lo entendí.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario. Esperamos que coa axuda dos vídeos estes conceptos de xeometría queden máis claros. Unha aperta.

      Eliminar
  19. Ola Irene. Xa rematei todas as tarefas. O de Mates costoume un pouco, pero creo que o fixen ben. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  20. Boas noites . Tuven problemas coa Rede pero se non me equivoco a resposta dos grados que mide cada ángulo interno 128.57 grado .
    Un saúdo , coidate

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 24 DE MARZO

RETOS MATEMÄTICOS E RITMOS DIFERENTES