ACTIVIDADES PARA O MARTES, 12 DE MAIO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 12 DE MAIO

MATEMÁTICAS

  • Abrid este archivo y haced los ejercicios de la ficha. Fijaos bien en que es una ficha de repaso, que pone en relación las fracciones con los porcentajes.
LENGUA CASTELLANA
  • Abrid este enlace, leed prestando mucha atención una sola vez la lectura y, sin volverla a mirar, contestad las preguntas tipo test de comprensión lectora. Luego, comprobando por la lectura, haced vuestra autocorrección. A ver que tal esos resultados...
PLÁSTICA
  • Poñemos hoxe a tarefa de Plástica porque necesitamos que colaboredes co cole no deseño dunha camiseta para a vosa graduación. Siiiii! Ídela ter, pero non presencial, polo menos, de momento.
  • Tedes que facer un deseño en branco e negro e ben perfilado e rotulado sobre o que é para vós este fin de etapa e a súa celebración. O deseño debe incluír o nome de todo o alumnado de cada clase. As camisetas serán diferentes: unha para 6ºA e outra para 6º B. Escolleranse varios deseños e farase unha especie de collage. Non vos esquezades de poñer o nome de todos e todas os compañeiros e as compañeiras. Despois debedes enviar unha boa foto do deseño ao correo do blogue. Tendes ata a semana que vén para pensar e realizar o voso deseño. Ánimo artistazas e artistazos!!!

Comentários

  1. Bo día. Como seguro que tod@s tedes feitas as tarefas de onte, podémolas ir correxindo ao longo da mañá nos comentarios do blogue.
    Comezamos polas actividades de comprensión oral ( Audio. "Mi mejor amigo").
    As repostas deben incluir a letra da opción correcta ( A - B - C - D ) coa súa correspondente expresión escrita.
    Cando as respostas sexan dadas como correctas, xa non fai falta que as volvades repetir.
    Se queredes, podedes comezar xa a escribir as respostas, poñendo número da pregunta, letra da opción elexida e a súa explicación.

    ResponderEliminar
  2. 1 - A
    2 - C
    3 - B
    4 - B
    5 - C
    6 - A
    Un saúdo, Xian 6 A

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hoxe su ides as solucións de Lengua?

      Eliminar
    2. Ola Xian, a resposta á pregunta 4 deberíala repasar. As demais están correctas.
      Saúdos

      Eliminar
  3. Eu puxen, 1)A, 2)C, 3)B, 4)D 5)C, 6) A. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo día Alba, as respostas son CORRECTAS, pero como dixemos ao principio, é conveniente escribir a resposta completa para que quede claro porque eliximos unha ou outra opción. Anímate, que che leva pouco tempo.
      Un saúdo.

      Eliminar
  4. Ola Manuel, eu puxen o mesmo que Alba. Xa rematei todo menos o de Plástica.
    Unha aperta virtual.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo. Se puxeches o mesmo, quere dicir que tamén o tes correcto.
      Non te vaias que , dentro dun pouco, pediremos as solucións de matemáticas.
      Saúdos

      Eliminar
  5. Eu puxén , 1 A ) 2 C ) 3 B ) 4 D ) 5 C ) 6 A .)

    ResponderEliminar
  6. Moi ben, Xandre, como xa comprobarías, está correcto.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. eu puxen asi 1) A ; 2) C ; 3) B : 4) D ; 5) C ; 6) A
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. Bos días eu xa rematei todo.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Sabela, vai correxindo agora as actividades do día anterior.
      Un saúdo

      Eliminar
  9. Pasamos agora a correxir a actividade de MATEMÁTICAS "Suiza y sus relojes".

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. o exercicio 17 amin deume o D=18mm 14mm 12mm 10mm

      Eliminar
    2. Bo día Xandre. O exercicio 17 está ben, o 18 non está correcto e o 19 pide pór verdadeiro ou falso a unha serie de afirmacións. Tes que repasar.
      Un saúdo

      Eliminar
    3. Este comentário foi removido pelo autor.

      Eliminar
    4. Ola Abigail. Efectivamente, a opción correcta no exercicio 17 é a D

      Eliminar
    5. 18=76,92
      19-->a las ocho y cinco -- verdadero
      -->a las nueve y diez -- falso
      -->a las 20.15 -- falso
      -->a las 20.05 -- verdadero
      20--> azul -- Aleman
      --> morado -- Francés
      --> verde -- Otros
      --> amarillo -- Italiano
      --> marrón -- Romanche

      Eliminar
    6. Noraboa, Abigail, están todos CORRECTOS. A seguir así de concentrada.
      Un saúdo

      Eliminar
  10. Xa temos a resposta correcta do exercicio 17. Quen explica como se fai o 18?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. eu fixeno cunha regra de tres.
      1euro=1,04 francos
      x=80 francos

      80 x 1 80
      x=-----------=-----------= 76,92 euros
      1,04 1,04

      Eliminar
    2. Está ben, aínda que despois de publicar movéronse as expresións.

      1 euro ...................1,04 francos

      X euros ................... 80 francos
      .
      X = 1 x 80 : 1,04 = 80 : 1,04 = 76,92 euros

      Eliminar
  11. Remate todo e tardei porque miña impresora quedou sen tinta e tiven que copiar as fichas.
    Pd: As de o te tamén.
    Un saúdo, Xian 6 A

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Menos o de plástica. E no de Lengua tiven 2 fallos.

      Eliminar
  12. Bos días xa rematei todo só me falta plástica .
    A min deume o 17 : D.
    O 18 : A.
    O 19 : o primeiro e o último verdadeiro é os demáis falsos.
    O 20 : o azul 64 % ,o negro 1%, o amarelo 6 % , o verde 9% é o rosa 20%.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela. Os exercicios están ben, pero no 20 non che pide que escribas as porcentaxes, senón o idioma que representa cada sector do gráfico.
      Un saúdo

      Eliminar
  13. Ola. O de lengua tiñao todo ben.
    O exercicio 18 de mates fixeno asi
    Si 1 euro vale 1,04 francos entonces o reloj si costa 80 francos podese facer cunha regla de tres
    1,04........1
    80........x
    Entonces x=80/1,04=76,92

    ResponderEliminar
  14. Xa vin que mentres eu estaba escribindo xa estaba a explicación .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A veces pasa, Óscar, que mentres ti escribes a explicación outro che se adianta, pero o importante é que participedes nas correccións e nas explicacións das actividades.
      Un saúdo

      Eliminar
  15. Bos días Irene .Tarefas rematas . É en mates todo ben .
    Un saúdo , coidate .

    ResponderEliminar
  16. Hola,bo dia
    Xa fixen o de lengua castelá e ibanme todas ben
    Saudos,Xurxo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Xurxo, corrixe tamén as actividades de matemáticas.
      Un saúdo

      Eliminar
  17. Ola Manuel, eu no de lengua puxen:
    A
    C
    B
    D
    C
    A.
    Unha aperta.
    Son Carmen.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esa é a solución correcta, Carmen. Comproba se tes ben as actividades de matemáticas, porque tamén están correxidas.
      Un saúdo

      Eliminar
  18. Ola Manuel, xa rematei todo, un bico May

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, May. Agora a disfrutar da tarde, se non a estraga a tronada.
      Unha aperta

      Eliminar
  19. Ola Irene. Xa rematei todas as tarefas sen ningunha dúbida. Vouche enviar o de Plástica. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  20. Ola outra vez Manuel, son Carmen.
    Eu no exercicio 19 de matemáticas só puxen como verdadeira as 20:05, porque considerei que as oito e cinco referíase ás oito e cinco da mañán.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Carmen. É un bo razoamento, pero tamén é verdade que se nos preguntan a hora polo serán case sempre dicimos que son as oito e cinco, porque se estamos no serán non poden ser da mañá. De tódalas formas, poderíase interpretar das dúas maneiras, sobre todo, se o razoamos como fixetes ti.
      Un saúdo

      Eliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO