ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL
Voltamos ao traballlo. Esperamos que todas e todos tiverades algúns momentos de diversión e descanso nestes días de vacacións. Fostes moi traballadores e traballadoras nas semanas anteriores e estamos moi satisfeitos convosco. Mentres non nos chegan novas indicacións da Consellaría, imos continuar nesta semana cun pouquiño de repaso.
BENVID@S DE NOVO AO BLOGUE DE 6º. LEMBRADE DEIXAR OS VOSOS COMENTARIOS PARA PODERVOS FACER UN SEGUIMENTO.
ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL
6ºA
LINGUA GALEGA
- Facede as actividades desta ficha, que é a continuación da PROBA DE COMPETENCIAS 5, que comezastes a facer o último dia antes das vacacións.
MATEMÁTICAS
- Abride estas fichas e facede os seguintes exercicios: 2, 5 (primeiro apartado), PROBLEMAS 11 e 12(os dous primeiros apartados).
CIENCIAS NATURAIS
- Abride esta ficha e facede os seguintes exercicios: 1, 2, 3 e 4.
===========================================================
6ºB
LINGUA GALEGA
- Facede as actividades desta ficha, que é a continuación da PROBA DE COMPETENCIAS 5, que comezastes a facer o último dia antes das vacacións.
MATEMÁTICAS
- Das páxinas 142 e 143, facede os seguintes exercicios: 2, 5 (primeiro apartado), PROBLEMAS 11 e 12(os dous primeiros apartados).
As tarefas que se propoñen a continuación son para esta semana e para a próxima (tres clases).
Despois de ler a páxina 68 do libro de texto e de ver o seguinte vídeo, tedes que facer as actividades.
O vídeo ten cinco partes perfectamente delimitadas que se corresponden cos cinco grupos de vertebrados. Polo tanto, podédelo ver por partes e ir respondendo ás actividades correspondentes a cada parte.
ACTIVIDADES
1.- Cita as principais características dos mamíferos que se mencionan no vídeo.
2.- Fai una clasificación dos mamíferos segundo o seu hábitat.
3.- Explica como se clasifican os mamíferos segundo a súa alimentación.
4.- Enumera as características principais dos anfibios (como se reproducen, como respiran, de que se alimentan, etc.)
5.- En que consiste a metamorfose?
6.- Enumera as características principais das aves.
7.- Qué tipos de plumas teñen as aves?
8.- Explica mediante un esquema e poñendo exemplos como se clasifican as aves segundo a súa alimentación.
8. Cal é o nome das dúas únicas aves que non poden voar?
9.- Explica brevemente cales son as características comúns a todos os peixes.
10.- Cantos tipos de aletas teñen os peixes? Cales son?
11.- Explica o proceso de respiración dos peixes.
12.- Que características comúns comparten todos os réptiles?
13.- Coñeces algún réptil que non sexa carnívoro?
14.- En que se diferencian os mamíferos e os réptiles?
15.- Son aves todos os animais que voan? Razoa a túa resposta.
AVISO : Procurade facer o traballo limpo e ordenado, coidando a ortografía, a caligrafía, as marxes e a presentación en xeral.
Tede en conta que a partir de agora vouvos pedir que me mandedes de vez en cando o traballo que estades a facer na casa para comprobar se facedes as correccións pertinentes e se o levades ao día. Se o facedes no caderno ides ter que sacarlle unha foto para envíalo e se xa non está claro no orixinal imaxinádevos como se vai poder ler despois.
Antes das vacacións pedinvos que escribirades un conto no que o protagonista fora un animal ou una planta. Como supoño que tedes a tarefa feita ídela enviar, se podedes, ao correo do blogue (ruxerruxe6@gmail.com) , especificando claramente o voso nome e apelidos.
Ánimo! Xa queda menos!
Bos días Irene, non me deixa entrar na ficha de galego. Enton mentres tanto vou facendo as outras fichas.Saudos.Ainhoa
ResponderEliminarMoi ben por participar no blogue. Non che puden contestar onte porque me fallaba a conexión. Cando teñas algunha dificultade, segue preguntando e vai comunicando como vas coas tarefas. Unha aperta.
EliminarHola buenos días soy Sabela Padrón, no puedo abrir la ficha de gallego.
ResponderEliminarOla Sabela! Non che puden contestar onte por falta de rede. Que tal van as tarefas? Como vas coa lectura do Hobbit? Unha aperta.
EliminarOla Irene , son Uxía V. ,a min non me deixa entrar as fichas de lingua
ResponderEliminarBicos
Ola Ireme son Uxía Miranda, a min tampouco me deixa entrar nas fichas de galego
ResponderEliminarOla Uxía. Moi ben por participar. Que tal coas tarefas e coa lectura? Unha aperta.
EliminarOla. Son Oscar. A min tampouco me deixa abrir galego. Vou ir facendo os outros
ResponderEliminarOla Irene son Iria, a min tampouco me deixa entrar nas fichas de galego.
ResponderEliminarOla Iria. Que tal vas coas taefas? E coa lectura do Hobbit? Supoño que moi ben como sempre. Unha aperta.
Eliminarhola son martin, non podo acceder as fichas de lingua galega
ResponderEliminarOla!!!!!
ResponderEliminarQué tal??
Son Lucía Paradela, non me deixa entrar nas fichas de galego porque me di que teño que solicitar permiso para acceder. Creo que che chegou un correo solicitando o permiso, aínda que non estou segura.
Grazas, espero que todos esteades ben, un saúdo
Bos días Irene, non me deixa descargar a ficha de galego.
ResponderEliminarHola son Sabela C non me entra nas fichas de galego
ResponderEliminarHola,soy Breo, imposible entrar en ficha de gallego,requiere permisos
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarHola
ResponderEliminarBos días,son Xurxo
A paisaxe decorativa a dónde a hai que mandar?
Ola Xurxo. Os traballos de Plástica tédelos que mandar ao correo do blogue. Saúdos.
EliminarBos días Irene . A mi non me deixa entrar na ficha de galego. Un saúdo. Asier
ResponderEliminarOla Asier. Moi ben por participar nos comentarios. Que tal vas coas actividades? E coa lectura? Estás sendo moi responsable. Unha aperta.
EliminarBos días Irene . A mi non me deixa entrar na ficha de galego. Un saúdo. Asier
ResponderEliminarBos días Irene . A mi non me deixa entrar na ficha de galego. Un saúdo. Asier
ResponderEliminarPerdón colgó me tres non sei porque. Asier
ResponderEliminarProbade agora e decídenos se xa está solucionado o problema.
ResponderEliminarhola Manuel.
ResponderEliminarxa se pode abrir as fichas.
Un saúdo Candela.
Grazas Candela.
EliminarUnha pregunta Manuel:
ResponderEliminarOs problemas de Mates hai que cópialos????
Un saúdo Candela
Ola Candela. Si, os problemas copiádelos no caderno como faciades sempre na casa. E lembra, boa letra, sen faltas de ortografía e sen erros nas operacións.
EliminarPor certo, como vai a recuperación da perna? Saúdos.
Hola. Vai moi ben, xa falamos coa medica e o 30 de abril vamos si ou si.
EliminarMoitas grazas por preocuparte estou moi ben.
Un saúdo Candela.
Ola Xandre, de momento só me tes que mandar ao correo o conto de naturais. Saúdos.
ResponderEliminarBo día!! Son Daniel Seara, ahora xa se pode descargar. Grazas.
ResponderEliminarOla Daniel, grazas por participar. Que tal vas coas tarefas? E coa lectura do Hobbit? Unha aperta.
EliminarOla Manuel, xa rematei todo menos o de Naturais, un saudo May
ResponderEliminarOla. Son Oscar. Xa mandamos o conto e o traballo de plastica o correo.
ResponderEliminarMandamos xa o de Sociais? Eu tamen o fixen de Italia e está a ordenador
Ola Óscar. De momento non mandedes o traballo de Sociais ata que volo pida, porque senón formámonos un lío para clasificar e organizar os traballos. Esta semana tedes que mandar só o conto, e aqueles que aínda non mandaron o engano deberían facelo xa ( xa sei que non é o teu caso). Saúdos.
EliminarIrene, anda podemos entregar o traballo de plástica?
ResponderEliminarPodédelo enviar ao correo do blogue.
EliminarHola Irene .Xa rematei todo.Nos tamen che mandamos o traballo de C .S, o da U.E?
ResponderEliminarUn saúdo, coidate.
Moi ben feito. E que non podo responder mlito. Case non teño rede.
EliminarOla Manuel, son Alba. Eu fixen todo menos o de naturais. Un saudo.
ResponderEliminarOla Irene, son Uxía V. Xa rematei todos os deberes, hoxe tardei un pouco máis porque os martes e os xoves teño clases online da miña academia de Inglés e aparte nesta mandaronme deberes.
ResponderEliminarBicos
Non te preocupes . Mañá fslamos máis. Hoxe non teño case rede.
EliminarOla Irene.Traballo realizado sen ningunha dúbida. Boas noites. Unha aperta.
ResponderEliminarMoi ben Fabio, como sempre. Que tal coa lectura do Hobbit? Unha aperta,
EliminarHola Manuel. Son a nai de Martin, podes decirnos onde se atopa a informacion relativa o conto que hay que facer?? Non a encontramos. Gracias.
ResponderEliminarBoa tarde. Esta actividade corresponde á asignatura de Lingua Galega do venres 20 de marzo. A mesma actividade aparece tamén no libro de Naturais no último tema que dimos.
EliminarSaúdos.
Bos días. Teño unha dubida de Naturais. As preguntas temolas que facer na libreta ou nun folio aparte?
ResponderEliminarUn saúdo
Ola Abigail.Fainas na libreta e procura facelas por orde por si as pido.Saúdos.
Eliminar