ACTIVIDADES PARA O XOVES, 16 DE ABRIL Bo día. Como vai iso? Todos e todas ben? Que tal vai a lectura do Hobbit? Ide entregando os segundos traballos de Plástica para publicalos no blogue. E mirade o post dos anteriores para ver se están todos os que me enviastes o se nos esqueceu de subir algún. Moitos saúdos. 6ºA LENGUA CASTELLANA Actividades finales: pág. 102 ejercicios 4, 7, 8 y pág. 103, el dictado acumulativo sin mirarlo previamente y que no os dicten los signos de puntuación, sólo con la entonación , como hacemos en clase. Pág. 102, el Demuestra tu talento: apartado 2, lo hacéis como un juego en familia. MATEMÁTICAS Imos continuar co final deste tema. Son as unidades de superficie que son as mesmas que as de lonxitude, só que subindo ou baixando a escaleira de 100 en 100. Abride este arquivo . Lede ben a explicación da páx.138 que mañá xa vos poñemos a ligazón para ver algún vídeo, que hoxe non quere entrar o link. Facede os exercicios 1 e 2 da páx. 138 ...
Corrí indo por segunda vez non entiendo porque teño mal o exercicio 5 da páxina 142 de matemáticas
ResponderEliminarBo día ???. Non che podemos dicir onde che vai mal o exercicio se non nos dis como o fixeches. A pesar diso, intentaremos explicarcho para que o entendas e poidas descubrir que é o que estás a facer mal.
EliminarDebaixo da entrada "SOLUCIÓNS DE MATEMÁTICAS" puxemos a explicación dese exercico: primeiro, os segundos tes que dividilos entre 60 para obter os minutos ( o resto da división son segundos), despois ,os minutos divídelos entre 60 e obtés as horas ( agora o resto da división son minutos). Fíxate na explicación xa verás como o entendes. De non ser así, pregunta de novo.
Un saúdo.
Ola Irene , son Uxía V. , xa teño todo correxido . En mates non tiven ningún erro , e en lingua estaba case todo ben ,xa que me equivoquei no apartado dos signos de puntuación nalgunha coma.
ResponderEliminarSaudos
Moi ben Uxía. teño que subir as correccións de Lengua Castllana e Ciencias Naturais para que comprobedes as vosas respostas. A ver se teño tempo esta noite. Unha aperta.
EliminarBos días Irene, son Daniel Seara,xa correxín os exercicios;en matemáticas, tiven mal o 5 da 142 e de galego unha cousa tamén por correxir. Un saúdo .
ResponderEliminarMoi ben daniel. teño que subir as correccións de Lengua e naturais para que poidades comprobar as vosas respostas. A ver se podo esta noite. Unha aperta.
EliminarBos dias Manuel eu estaba correxindo os exercicios de mates e no exercicio 4 da ficha 49 cando toca a ultima operacion do problema puseches un 5 de mais en vez dun igual. unha aperta Martin
ResponderEliminarMoi ben ,Martín, ti si que corrixes con atención! O importante é que tiñas ben o problema e polo que vexo o resto dos exercicios. Un saúdo.
EliminarHola Manuel.
ResponderEliminarNo exercicio 11 da páxina 143 no apartado b a vos os da 44 min 50 s pero a min me deu 46 min 30 s. Na resta xa cando restas 50 min menos 5 min xa te da 45 min.
Enton cal esta ben??
Un saúdo Candea.
Ola Candela. Vou tratar de explicarche o exercicio neste comentario. Se non che queda claro poño unha explicación máis detallada nunha entrada do blogue.
Eliminar2 h 65 min 20 s + 50 min 30 s = 2 h 65 min 50 s = 3h 5 min 50 s Tiempo que tardó Mª
3h..... 50 min.... 40 s
-3h........5 min......50 s
___________________________
3h.... 49 min.....100 s
- 3h.... 5 min........ 50 s
_________________________
0 h.... 44 min...... 50 s
Moitas grazas Manuel.
EliminarAgora xa o entendo.
Un saúdo Candela.
Bos días Irene, son Uxía Miranda, xacorrixín todos os exercicios e tíñaos case todos ben.
ResponderEliminarUn saúdo.
Bravo Uxía! Teño que subir as solucións de Lengua e Naturais para que poidades corrixir as vosas actividades. A ver se podo esta noite. Unha aperta.
EliminarHola,bo día
ResponderEliminarSon Xurxo
No reforzo 4 no exercicio 3 no terceiro apartado eu puxen araña non faraón.Non sei si me irá ben ou mal.
Ola Xurxo, como ti ben dis, a resposta correcta é araña, polo tanto, o teu exercicio está correcto. Un saúdo.
Eliminar