ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO
ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO MATEMÁTICAS HOXE ACABAMOS TODO O DE MATES. Só vos queda facer esta proba de control de repaso de xeometría e, ao acabala, enviala ao correo do blogue. A partir do luns: xogos, retos e pasatempos matemáticos. CIENCIAS SOCIAIS En Sociais tamén acabamos hoxe cos contidos do libro, pero queda unha proba de competencias de repaso da historia de España no século XX para a semana que ven. Ides ler con moita atención estas dúas últimas páxinas do libro e ides definir o concepto de TRANSICIÓN e un esquema do apartado A CONSTITUCIÓN DE 1978 E O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. Non hai que mandalo ao correo do blogue, só o de mates.
Bos Días Manuel.
ResponderEliminarEn Ciencias Naturais, no exercicio 1 da paxina 67, o grupo dos protistas poden ser pluricelulares ( por exemplo: algas) ou unicelulares. eu qreo que está mal.
Un saúdo, Candela
Bo día Candela. Excelente observación! Xa vexo que ti non estás de vacacións.
EliminarEfectivamente, o reino dos protistas inclúe os protozoos e as algas. Os protozoos son unicelulares e aliméntanse doutros seres vivos, mentres que as algas poden ser unicelulares e pluricelulares e son capaces de fabricar o seu propio alimento.
Polo tanto, e aínda que unha gran parte dos protozoos son unicelulares, este reino podémolo relacionar cos catro apartados da segunda columna do exercicio.
Unha aperta.
Ola. Son Oscar. Nese exercicio tamen pasa o mismo co reino dos fungos. Poden ser unicelulares e pluricelulares. No de correxir solo pon pluricelulares.
ResponderEliminarSaudos
Correxido. Se vos fixades, no segundo apartado do exercicio dous, xa se aclara que hai fungos pluricelulares e unicelulares.Sigue así de atento, Óscar! Un saúdo.
Eliminar