HOXE VAI DE CRIPTOGRAMAS

A CRIPTOGRAFÍA  é a arte das escrituras secretas. Foi moi utilizada polos romanos para mandar ordes e mensaxes entre os mandos dos exércitos.
 Dela deriva a  CRIPTOARITMÉTICA que non é máis que un xogo que consiste en reemplazar as cifras por letras dentro dunha operación. O problema consiste en atopar as cifras que se esconden "baixo" as letras, é dicir, averiguar que valor ten cada letra para que se cumpla a operación.




Comentários

  1. Aínda que atopedes as solucións aos criptogramas, non as publiquedes ata o día seguinte para dar tempo a que tod@s os poidan resolver. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Hola Manuel. O primeiro xa o temos feito.
    Un saúdo Candela

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Candela, se tes a solución do primeiro pódela escribir aquí para que tod@s poidan comprobar se o teñen ben.
      Saúdos.

      Eliminar
  3. Ola. Son Oscar. Eu dei feito o primero e o ultimo pero o outro non. A tarde vou volver probar.

    ResponderEliminar
  4. Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo, vexo que xa está solucionado o problema técnico.
      Con relación aos resultados imos facer unha cousa, se che parece. Dado que están un pouco desordenados podes excluir o teu propio comentario e pór só o resultado do primeiro criptograma, para deixar un pouco máis de tempo porque , por exemplo, Óscar dixo que o ía volver intentar pola tarde. Así imos deixando claro a que exercicio pertence cada solución. Grazas. un saúdo.

      Eliminar
  5. DOS=623 OCHO=2492
    Así profe son Breo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tamén estaba ben asignando a cada letra o seu número correspondente, pero sen mesturar as solucións dos exercicios. Esa solución é CORRECTA, pero eu pregunto,
      terá este criptograma algunha outra solución distinta á que aportou Breo?
      Se alguén a atopa pódea escribir aquí.

      Eliminar
  6. Ola Manuel, son Alba. Eu xa teño todo feito. Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alba. Alégrome de que atoparas todas as solucións, pero que quede claro que estes pasatempos son voluntarios, para non aburrirse, polo que a participación no blogue é voluntaria durante as vacacións. Despois , xa falaremos. Saúdos.

      Eliminar
  7. Manuel o problema técnico sigue no meu ordenador, mentres estou utilizando o móvil da miña nai.

    ResponderEliminar
  8. bos días .Son Iago.Interpreteino doutra maneira
    non sei si vale
    DOS
    503
    OCHO
    0620
    DIEZ
    4231

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Iago. Creo que non interpretaches ben. O primeiro criptograma non ten nada que ver co segundo, polo que as letras DOS dun e doutro non coinciden. Proba a resolver o primeiro, esquecéndote, de momento, dos outros dous e pensa que se DOS vale 503 ao sumar ese número catro veces (503 +503+503+503 = 2012) o valor do "O" de OCHO non che coincide co valor do "O" de DOS, e no mesmo criptograma unha letra sempre ten que valer o mesmo. Se non che queda claro, intentamos explicalo outra vez. Saúdos.

      Eliminar
    2. Ola.son Oscar.
      No primeiro dame. D=6 O=1 S=7 C=8 H=5
      No segundo. D=2 I=6 E=0 O=8 Z=3 S=7 C=9
      No terceiro P=3 R=9 O=0 F=8 E=5 A=7 M=8 I=1 G=6

      Eliminar
  9. Hola son Xián. Xa o teño feito por fin podemos conectarnos por aquí. Creo que a resposta é:
    Dos=623
    ocho=2493

    ResponderEliminar
  10. Ola xián. Repasa porque tes un pequeno erro. Se fas a suma o resultado non se corresponde co número que ti dás. Saúdos.

    ResponderEliminar
  11. Bós dias, son Abi. Amin os exercicios de lóxica danme asi:
    · dos-> 623 ; ocho-> 2492
    · diez-> 2630; dos-> 287; doce-> 2890
    · profe-> 39683 ; amigo-> 7826.


    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO