ACTIVIDADES PARA O VENRES, 24 DE ABRIL
Ola, bo día. Xa é venres. A ver se vos quedan chulos os brinquedos que vos animamos a facer nas actividades de hoxe. Enviade fotos das vosas creacións ao correo do blogue: (ruxerruxe6@gmail.com).
ACTIVIDADES PARA O VENRES, 24 DE ABRIL
6ºA e 6ºB
MATEMÁTICAS
PLÁSTICA
ACTIVIDADES PARA O VENRES, 24 DE ABRIL
6ºA e 6ºB
MATEMÁTICAS
- Los de 6º A, abrid este archivo y haced los ejercicios 7, 8, 9 y 10 (apartado 4), de la página 142. Haced los ejercicios 12 (apartado 3) y 14 (DEMUESTRA TU TALENTO), de la página 143.
- Los de 6ºB haced los mismos ejercicios por el libro.
LENGUA CASTELLANA
- Haced los ejercicios 6, 7 y 8, de la página 111.
CIENCIAS SOCIAIS
- Abride este arquivo e facede as actividades 3, 4 e 5 da páxina 57 (segunda folla).
- Mirade este vídeo para facer brinquedos fáciles con materiais que teñades na casa. Elixide algún para facer vós. Se vos falta algún dos materiais, probade a improvisar co que teñades a man.
Hola son Carmen de 6A. Que tal? Acabo de ver os deberes e voume por a eles. Irene, mandeiche por correo os traballos e a descripción do animal. Espero que estedes todos ben. Un bico e unha aperta!
ResponderEliminarOla Carmen. Estamos encantad@s de que participes nos comentarios do blogue. Estou metendo os traballos de Plástica en diferentes carpetas e este fin de semana vou colocar outro post cos traballos do difuminado de lapis de cores, porque aínda me faltaba algún. Nel poderedes ver todas as vosas creacións, e os/as artistazos/as que sodes. Unha aperta.
EliminarOla Manuel. Son Óscar. Estou con matemáticas e o exercicio 14 xa o fixeramos
ResponderEliminarOla Óscar. Non é un erro. Trátase dun exercicio de control para saber se realmente tedes feitas todas as actividades anteriores. Ti acabas de demostrar que levas as tarefas ao día, porque lembraches que xa fixeras ese exercicio.De todas formas, pódelo volver facer e comprobas ti mesmo se o tes ben. Xa sabes, non vale copiar.
EliminarUnha aperta.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarHola Irene eu tamén teño feito o exercicio 14 de Mates.
ResponderEliminarFíxate na contstación que lle demos a Óscar. Traballo feito, ben parece! Unha aperta, Iago.
EliminarNOOOON! Sempre vos deixo como mínimo unha semana. Como se me ía ocurrir pór unha tarefa como esta para o mesmo día? Reláxate e faino desfrutando. As actividades de Plástica son sempre para axudarnos temén a pasar o tempo, non para estresarnos máis. Unha aperta Xandre.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarBos días Irene . Son Asier . Ahí uns traballos que esquecinme mandalos enton vounos mandar hoxe co do animal . Os tiña feitos pero esquecinme . Un saúdo espero que estedes todos ben .
ResponderEliminarOla, o traballo do animal, teño que mandalo pola tarde, porque me falla a wifi.
ResponderEliminarNon pasa nada, Aron. E se non pode á tarde, tamén vale mañá. Así me gusta, que interveñas no blogue para deixar comentarios. Unha aperta.
EliminarVale. Irene lo acabo de enviar ahora.
EliminarOla Manuel, son Alba. O exercicio 14 xa o fixeramos, os demais xa os acabei. Un saudo.
ResponderEliminarOla Alba. Le a resposta ao mesmo comentario que fixo Óscar, vale para tod@s.
EliminarUn saúdo e que disfrutes da fin de semana.
Eu o 10 xa o tiña feito.Un saudo para todos e todas.
ResponderEliminarMoi ben, Breo. Pois así hoxe acabas antes: Traballo feito, ben parece! Unha aperta.
EliminarE o 12 tamen.
ResponderEliminarTi fixeches todos os apartados dos exercicios que vos mandamos antes. Estes apartados non os mandáramos facer estes, porque aínda non deramos as unidades de superficie. pero se xa os tés feito, agora has de esperar a que subamos as solucións para corrixilos. Unha aperta.
EliminarHola Manuel.
ResponderEliminarEn Matematicas o 7, 8, 9 e o 10 son o apartado catro ou so o 10 o apartado catro.
Un saúdo Candela.
Ola Candela. Os exercicios 7,8 e 9 son enteiros , posto que non os fixestes, Do exercicio 10 tedes que facer o cuarto apartado, que é o unico que está sen facer.
EliminarUn saúdo.
Moitas grazas Manuel.
EliminarEspero que esteades ben.
Un saúdo Candela
Hola Irene soy Sabela S.
ResponderEliminarYa acabe todo solo me falta plástica.
Un saúdo.
Moi ben Sabela. Plástica tendes toda a semana para facer os brinquedos que queirades ou poidades. A descansar e desfrutar. Unha aperta.
EliminarMoi ben Sabela. A ver que brinquedo ou brinquedos bonitoa dás feito, que ti es unha artista nisto das manualidades. Xa sabes que tés toda a semana para facer o de Plástica. Usa os materiais que teñas por casa e adapta o que necesites para poder facer o que ti queiras Unha aperta.
EliminarBos días eu xa acabei todo menos o de plástica que o fago o finde semana.
ResponderEliminarUn Saúdo
Moi ben Sabela, pois agora a descansar.
EliminarUn saúdo.
Son Iago tarefas rematadas .
ResponderEliminarPlastica xa o mando maña …
Coidaivos e pasaino ben
Non te preocupes polo de Plástica, xa que tés toda a semana para facelo. Decansa, reláxate e desfruta, que ben o mereces. Unha aperta.
EliminarOla Manuel,xa fixen as tarefas, menos o de plástica.
ResponderEliminarO libro do Hobbit xa o rematei, gustoume moitíííísimo.
Unha aperta.
Ola Manuel. Todo rematado.
EliminarO de plástica fago o finde.
O pasapalabra todo feito menos a pregunta da "Q". Estou averiguándoa.
Espero que estedes ben.
Unha aperta.
Daniel Mateos
Ola Breo, alégrame que che gustara o libro e que disfrutaras coa lectura. Agora a descansar que xa case estamos na fin de semana.
EliminarUnha aperta.
Ola Daniel. Xa te botabamos de menos.Espero que todo vaia ben e que che gustara o libro do Hobbit. Esa letra que che falta seguro que che acaba saíndo e senón, para que están os amig@s?
EliminarUnha aperta.
Ola Irene son Uxía Miranda xa rematei todo menos plástica que fago o finde. Un saúdo.
ResponderEliminarMoi ben Uxía. Descansa, reláxate e desfruta do fin de semana. Plástica faino como un divertimento e non como unha obriga, cando teñas tempo e ganas. Podes adaptar os brinquedos que saen no vídeo á túa dispoñibilidade de materiais ou a unha idea nova que che xurda. Unha aperta.
EliminarHola de novo, son Carmen de 6A. O pasapalabra do Hobbit fíxeno onte a tarde e atopei todo. Foi divertido. Os deberes da semana están todos feitos agás o de plástica que irei facéndoo na semana próxima. Na lectura do libro vou no capítulo 8 que continuarei na finde. Boa fin de semana.
ResponderEliminarBravo Carmen! Como lle dixen a algún compañeiro ou compañeira, non vos agobiedes coas tarefas de Plástica. Facédeas na fin de semana se vos relaxan ou se desfrutades delas, senón é mellor descansar. Unha aperta.
EliminarOla Irene, son Fabio. Xa rematei todas as tarefas. Vou na páxina 195 do Hobbit e xa fixen unha manualidade pero mañá vou facer outra. Unha aperta.
ResponderEliminarHoal Manuel. Na ficha de Sociales, no exercicio 5, onde o temos que buscar¿? Porque en internet no aparece. Un saúdo. Son Abigail.
ResponderEliminarOla Abigail. Se consultas a páxina 128 do libro de Sociais poderás obter a información relativa a tres dos Tratados que aparecen no exercicio. O Tratado de Ámsterdam pódelo buscar, por exemplo, na Wikipedia e comprobarás, entre outras cousas, que fai relación á libre circulación dos cidadáns europeos.
EliminarEspero haberche axudado.
Un saúdo.