ACTIVIDADES PARA O VENRES, 17 DE ABRIL

Ola, bo día. Por fin é venres!
Estade atentos/as que hoxe subiremos solucións de varias materias ao blogue.


ACTIVIDADES PARA O VENRES, 17 DE ABRIL

6º A

MATEMÁTICAS
  • Antes de continuar cos exercicios do libro, abride estas fichas de reforzo das unidades de superficie e facede os exercicios. Lede con atención as explicacións que vos dan.
CIENCIAS NATURAIS
  • Abride este arquivo e facede os exercicios 8, 9 e 10. "O Demostra o teu talento" non o facedes hoxe, que imos realizar un traballo con el.
LINGUA GALEGA
  • Imos continuar coa proba de competencias 6. Abrides a ligazón de onte e facedes a primeira ficha (páx. 31). Que tal vos saíu o resumo de onte? Enviaremos un modelo para que poidades corrixir por el. Se é breve e están as ideas esenciais, xa vale.
PLÁSTICA
  • Entrade neste vídeo e facede as figuras que máis vos gusten. A arte de facer figuras con papel chámase papiroflexia ou origami (palabra xaponesa). Enviade fotos das vosas creacións ao correo do blogue: ruxerruxe6@gmail.com
=====================================================

6º B

MATEMÁTICAS
  • Antes de continuar cos exercicios do libro, abride estas fichas de reforzo das unidades de superficie e facede os exercicios. Lede con atención as explicacións que vos dan.
CIENCIAS SOCIAIS
  • Facede as actividades da páxina 134: 3, 4 e 5. E da páxina 135: a 9.
LINGUA GALEGA
  • Imos continuar coa proba de competencias 6. Abrides a ligazón de onte e facedes a primeira ficha (páx. 31). Que tal vos saíu o resumo de onte? Enviaremos un modelo para que poidades corrixir por el. Se é breve e están as ideas esenciais, xa vale.
PLÁSTICA
  • Entrade neste vídeo e facede as figuras que máis vos gusten. A arte de facer figuras con papel chámase papiroflexia ou origami (palabra xaponesa). Enviade fotos das vosas creacións ao correo do blogue: ruxerruxe6@gmail.com

Comentários

  1. Bos días Manuel
    Non me deixa descargar as fichas de mates.
    Carmen

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo día Carmen. Non sei cal pode ser o problema porque o resto dos compañeir@s creo que si as puideron descargar.Proba de novo e se non o consegues avísame que intento mandarchas ao correo. Un saúdo.

      Eliminar
  2. Bos días Manuel,xa rematei todos os exercicios menos o de Plásica que vouno facer pola tarde.Un saudo May

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben May, xa case tes a semana rematada no que ás tarefas se refire. Só che queda correxir e a descansar. Un saúdo.

      Eliminar
  3. Bos días Manuel. Amin no ligazon de galego, non me pon nada para poder entrar e imprimir. E polo de sociales , no exercicio 5, apartado a) non o entendo, pon ¨ Aprobacion dos primeiros Estatutos de Autonomía¨, pero a miñ dubida é de que provincia, porque se busco en España apareceme por provincias, y si busco por la UE saeme por países. Enton non entemdo de que país ou provinbia ten que ser.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo día Abigail. A ligazón para descargar a ficha de Galego está nas actividades de onte.
      Con respecto ao exercicio 5 de Sociais tes que ter en conta que España conta con 17 Comunidades Autónomas, cada unha das cales ten o seu Estatuto de Autonomía. Os primeiros Estatutos de Autonomía que se aprobaron foron os de Cataluña e o País Vasco.
      Se consulta a páxina 127 do libro de texto atoparás o dato que che pide o exercicio.
      Se tes máis dúbidas non deixes de preguntar. Saúdos.

      Eliminar
  4. Bo día, Xandre. No exercicio 9 de Sociais só tedes que buscar a información e redactala na libreta. Por certo, na entrada anterior disme que o resumo che ocupou unha cara dun folio. Lembra que un resumo é unha exposición das ideas máis importantes do texto, polo tanto, non se trata de contar de novo a historia enteira, senón de sintetizar as ideas esenciais da mesma. Comproba se o teu cumpre esa condición. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Hola Manuel son Carmen outra vez xa me deixa.
    Un saúdo .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa ves Carmen, coa tecnoloxía ás veces temos que ter algo de paciencia, pero ímolo levado, a que si? Un saúdo.

      Eliminar
  6. ola Irene xa fixen todo o que mandaches 😀😀😀^o^ヾ(≧▽≦*)o

    ResponderEliminar
  7. e despois empezarei un traballo que me mandou Elena

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Álvaro! Estás levando o traballo de marabilla. Continúa asi. Unha aperta.

      Eliminar
  8. Ola Manuel, xa rematei todo, o de Plástica deixo para a tarde, no Hobbit vou na páxina 144. Unha aperta. Son Breo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Breo, agora a descansar, a xogar e a ler, que seguro que hai tempo para todo.
      Unha aperta.

      Eliminar
    2. Ola Breo! O traballo de plástica tés unha semana para facer todas as figuras que che gusten. Unha aperta,

      Eliminar
  9. traballo realizado unha aperta Martin

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estupendo, Martín. Alégranos moito terte aquí participando no blogue e, sobre todo, que nos digas que vas facendo o traballo ao día e sen dificultades. Unha aperta.

      Eliminar
  10. Ola irene xa rematei o traballo , faltame o de platica que fareino a tarde. Unha aperta. Ainhoa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Marabilla Ainhoa! Estás facendo os traballos estupendamente. Unha aperta,

      Eliminar
  11. Hola Irene eu no libro do hobbit estou na páxina 185, unha perta para todos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Breo! Estás moi comprometido co traballo. Estou moi orgullosa de ti. Continúa así, para poder continuar aprendendo. Unha aperta.

      Eliminar
  12. Para plástica utilizamos cartulina?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A papiroflexia ou origami é con papel, porque é flexible, a cartolina é moito máis ríxida. Despois podedes decoralo como queirades. unha aperta.

      Eliminar
    2. Estiven buscando maneiras de facer o traballo e a encontrei, mais non teño tinta. Son Xian 6 A. Un saúdo.

      Eliminar
    3. Ola Xian. refíreste ao traballo de plástica? O de pairoflexia non necesita tina, só papel e algún rotulador para decorar as figuras. de te refires ao anterior é con lápices de cores. E se te refires a imprimilo, non tés porque facelo, chega con que lle fagas unha foto e a envíes ao correo do blogue. Unha aperta.

      Eliminar
    4. Ousexa que as figuras podemos facelas nun folio en Branco?

      Eliminar
  13. Buenos días irene. O outro día olvideime de enviar a pasiaxe e perdín o correo ao que o habia que enviar. Poderiasme dicir a que correo habia que mandalo?
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa tarde Abi. Mira no comezo deste post, antes das actividades e volvín enviar o correo do blogue para enviar os traballos. Es moi traballadora e responsable, Da gusto contigo. Unha aperta,

      Eliminar
  14. Ola. Son Oscar. Fixen todo sin problema. O de plastica xa o fago o fin de semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Óscar. Só queda comprobar, cando vos mande as solucións , que todo está correcto. Agora toca descansar. Unha aperta.

      Eliminar
  15. Ola Irene son Iago . Só me falta plástica que cando acabe mandocha .
    Bo finde un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non te preocupes. Tés até a seman que ven para facer as figuras que queiras. Non é obrigatorio para hoxe. Unha aperta.

      Eliminar
  16. Ola Xandre, Porémolas xa pola noite, para dar máis tempo e porque a rede de noite vai mellor para subir cantidades maiores de información. Podes despreocuparte por hoxe e mirar as correccións mañá. Unha aaperta.

    ResponderEliminar
  17. Ola Irene. Traballo realizado sen ningunha dúbida. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  18. Fáltame só o de Plástica. Bo finde semana.

    ResponderEliminar
  19. O saber facer facemolo , o de sociales?

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO