ACTIVIDADES PARA O MARTES, 28 DE ABRIL


Ola, bo día. Tendes que enviar ao correo do blogue (ruxerruxe6@gmail.com) os dous PASAPALABRA que fixestes (sobre o HOBBIT e a UNIÓN EUROPEA). Subiremos ao blogue as solucións cando teñades entregado todos.

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 28 DE ABRIL

6º A

MATEMÁTICAS
  • Abride esta ficha e facede os exercicios.
CIENCIAS NATURAIS
  • Abride estas dúas páxinas de Ciencias Naturais e facede un breve esquema de repaso da clasificación dos seres vivos da páx. 66 e os exercicios 1, 2 e 3 da páx. 67.
  • Este tema é de repaso do unidade do ano pasado que xa dimos: a clasificación dos seres vivos. Estas primeiras páxinas son un repaso xeral e, nas seguintes, xa especifica cada un dos reinos.
LENGUA CASTELLANA
  • Ortografía: Uso de la h. Leed bien las normas de uso de esta letra y haced los ejercicios: 2, 3, 4, 5, 6 y 7 de las páginas 112 y 113 del libro de Lengua Castellana

=========================================================

6ºB

MATEMÁTICAS
  • Abride esta ficha e facede os exercicios.
CIENCIAS NATURAIS
  • Abride esta ficha , mirade os vídeos e facede o esquema como se vos pide na ficha.
LENGUA CASTELLANA
  • Ortografía: Uso de la h. Leed bien las normas de uso de esta letra y haced los ejercicios: 2, 3, 4, 5, 6 y 7 de las páginas 112 y 113 del libro de Lengua Castellana.

Comentários

  1. hola Irene xa acabei todo e ademais paredco o unico supervivinte de todo o curso🤣🤣🤣
    un saudo Álvaro👋🏼👋🏼👋🏼

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Álvaro. Si que sobrevives, si. Estás reaizando todos os traballos e sendo responsable con todo. Unha aperta.

      Eliminar
  2. Ola, bos días!!!
    Xa rematei os exercicios
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Sabela! Como sempre, responsable, traballadora e participativa. Un saúdo.

      Eliminar
  3. Ola. Son Óscar. Tamén rematei e xa mandamos os pasapalabras.
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Óscar! Agora ímos ver cando recibimos os de tod@s e xa subimos as solucións ao blogue. Bo traballo! Un saúso.

      Eliminar
  4. Hola son África xa rematei todo . Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, África! Así me gusta! Continúa así. Unha aperta.

      Eliminar
  5. Non pasa nada , Xandre, todos erramos e as mates, xa se sabe, son pura concentración r os despistes...Con respcto aos Pasapalabra, temos que esperar que cheguen os de todo o alumnado e xa subimos as solucións para a autocorrección. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Ola Manuel bos días, son Alba. Xa fixen todo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Alba! Como sempre bo traballo e moita responsabilidade, Unha aperta.

      Eliminar
  7. Ola Irene bos días, xa fixen todo. Unha aperta. Ainhoa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bravo Ainhoa! As-i me gusta. estaba un pouco preocupada porque non sabía de ti no blogue. Estou moi contenta de que voltes a entrar nos comentarios. Unha aperta.

      Eliminar
  8. Xa rematei todo e lein .
    Un saúdo Irene coidate.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Iago! Como todos os días, responsable e traballador. Unha aperta.

      Eliminar
  9. Intenteino de todas as formas pero non me deixa ler aún. Una aperta, Xian 6 A

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vouche enviar unha ligazón polo correo para que o poidas ler en PDF. Unha aperta.

      Eliminar
  10. Ola Irene son Uxía Vázquez ,xa termiñei todos os deberes.
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como sempre Uxía unha marabilla a túa responsabilidade e o teu compromiso coa aprendizaxe. Unha aperta.

      Eliminar
  11. Son Sergio todo feito. Se me falta algunha cousa dimo.Grazas

    ResponderEliminar
  12. Todo realizado sen ninguna dúbida. Vou na páxina 208 do Hobbit. Unha aperta

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO