ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO
ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO MATEMÁTICAS HOXE ACABAMOS TODO O DE MATES. Só vos queda facer esta proba de control de repaso de xeometría e, ao acabala, enviala ao correo do blogue. A partir do luns: xogos, retos e pasatempos matemáticos. CIENCIAS SOCIAIS En Sociais tamén acabamos hoxe cos contidos do libro, pero queda unha proba de competencias de repaso da historia de España no século XX para a semana que ven. Ides ler con moita atención estas dúas últimas páxinas do libro e ides definir o concepto de TRANSICIÓN e un esquema do apartado A CONSTITUCIÓN DE 1978 E O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. Non hai que mandalo ao correo do blogue, só o de mates.
Hola Irene á maña fixen os deberes e , agora , despois de comer me puxen a correxir .
ResponderEliminarXa termiñei , está todo correxido .
Bicos e apertas para todos , adeus .
A perdoa , son Carmen de 6A .
ResponderEliminarBravo Carmen! Moi responsable. Unha aperta.
Eliminar