ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO


NOTA PREVIA PARA 6ºA: 
Como a titora de 6ºA non estivo o xoves e o venres pasados, non sabe se levastes todo o material que necesitades para facer as tarefas. En caso de non ser así, a titora pensa que podedes entrar nos libros dixitais de SANTILLANA ou intercambiar capturas de pantallas entre as familias.
O titor de 6ºB deuvos unhas fotocopias de MATEMÁTICAS que debedes tentar facer. As de LENGUA non volas deu porque vós xa as tiñades feitas.

LIGAZÓN PARA AS ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS PARA TODA A SEMANA NOS DOUS GRUPOS.

Estas son as tarefas para o luns:

CURSO 6ºA

LUNS, 16

MATEMÁTICAS:

  • problemas da ficha entregada na clase. Tema 8. Porcentaxes.
  • O alumnado que teña rematada esta ficha comezará cos problemas do “Rebumbio Matemático” que haberá que ir facendo ao longo da semana.
SOCIAIS:

  • da páxina 132 , “SABER FACER”. Tendes toda a semana para facer un traballo que será presentado cando voltemos á aula, sobre un país da Unión Europea que teña o EURO como moeda.
  • Repasar os países da Unión Europea e do continente, coas súas capitais, nos mapas interactivos.

LINGUA CASTELÁ:

  • Volver a ler o texto da páxina 90-91 e facer os cinco primeiros exercicios da páxina 92.



CURSO 6ºB

LUNS, 16

MATEMÁTICAS:

  • problemas da ficha entregada na clase. Tema 8. Porcentaxes.
  • O alumnado que teña rematada esta ficha comezará cos problemas do “Rebumbio Matemático” que haberá que ir facendo ao longo da semana.
SOCIAIS:

  • da páxina 129 , “Traballa coa imaxe”. Apartado segundo e terceiro Na mesma páxina, os exercicios 1, 2 e 3.
  • Estudade as capitais europeas que tendes no caderno.

LINGUA CASTELÁ:

  • fichas de comprensión lectora entregadas o xoves día 12.

CIENCIAS DA NATUREZA:

  • da páxina 62, os exercicios 1, 2, 3 e 5.






Comentários

  1. Boas profe Manuel,necesito que me expliques o problema do tangram chinés. Espero que estes ben, un saudo Breo.

    ResponderEliminar
  2. Ola Breo!
    1ª pista: Utiizando fraccións tés que descubrir a relación que hai entre as partes e o todo ou a unidade para saber que fracción do total representa cada peza dp tangram.
    Téntao con esta pista e se non dás mañá haberá outra que che axudará aínda máis a resolver o reto. Pero hoxe non te deas por vencido.

    ResponderEliminar
  3. Hola Manuel tamen me falta o problema do TAngran chines non o entendo o resto feito Sergio

    ResponderEliminar
  4. Boa tarde, rapaces e rapazas. Non sei se alguén averiguou xa a fracción que representa cada unha das pezas do Tangram chinés. O alumnado que o resolvera pode comentar no blog como o fixo para axudar aos demais.
    Non é tan difícil como parece. Velaí vai a segunda pista.
    Se vos fixades na segunda figura (Tangram chinés), veredes que os dous tirángulos designados coas iniciais Tg ocupan a metade do cadrado. Polo tanto, se os dous triángulos representan ½ (metade) do cadrado inicial, cada triángulo representa un ½ :2 = ¼ . Tg= ¼

    Agora continuade vós, observando a relación entre as pezas que aparecen na terceira figura.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola. Son Oscar. Eu para facer o exercicio do tangram fixeime na figura 3.
      Como Tg e 1/4..... Tm e a mitade...entonces Tm e 1/8
      Tp e a mitad de Tm...entonces sera 1/16
      O cadrado C e igual a dous Tp.... entonces C e 1/8
      R si se divide en 2 son 2 Tp.... entonces R e 1/8

      Eliminar
    2. Noraboa Óscar. A solución é correcta. A partir de aí, a solución ao resto de apartados é moito máis fácil. Espero que os demáis compañeiros e compañeiras tamén se animen a participar preguntando e dando resposta ás cuestións planxedas.

      Eliminar
  5. profe Manuel so me queda o dos balcons de madrid.Un saudo breo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo, vexo que vas levando as tarefas ao día. Iso está moi ben.
      Non sei se conseguiches enterder o problema do Tangram. De non ser así, fíxate na explicación que deu Óscar porque está moi clara.

      Eliminar
  6. Ben, cando teñas resolto algún apartado máis podemos ir vendo se as solucións que atopaches son as correctas.

    ResponderEliminar
  7. Hola Manuel xa o fine todo tamen o do tangram chinés que o fixen con Breo.
    Espero que estedes ben tod@s.
    Un saúdo.
    Daniel.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Daniel. Ao longo da próxima semana iremos comentando entre tod@s o resto dos apartados dese problema e os demáis, se os tedes feitos. Pedireivos a vós as solucións.

      Eliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO