ACTIVIDADES PARA O XOVES, 26 DE MARZO

Ola. Bo dia.

PARA ABRIR O LIBRO DO HOBBIT:
  1. Se o queredes ler no ordenador, descargade este programa: CALIBRE. Fixádevos ben antes de descargar que é a versión adecuada para o voso sistema operativo.
  2. Se o queredes ler na tablet ou no teléfono móbil, descargade esta app: FBREADER. Pódese descargar do Google play e hai moitas outras apps que serven. Teñen que ser lectores de arquivos EPUB.

Estas son as ACTIVIDADES PARA HOXE:

6ºA

NATURAIS
  • Despois de terdes visto os vídeos sobre a CÉLULA E AS SÚAS PARTES, lede estas dúas páxinas do Tema 4. Este tema xa o estudamos o ano pasado, así que só hai que repasalo. Destas dúas páxinas, o único que non demos foi A CÉLULA VEXETAL. Podedes ver vídeos específicos sobre ela.
  • Facede as actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 55. Debuxade ben a célula vexetal.

LINGUA CASTELÁ
  • Haced en el cuaderno el dictado de la página 97 titulado UN DESAFÍO REAL. OJO: no se puede leer primero (como hacemos en clase) y quien os lo dicte, que no os diga los signos de puntuación. Que haga las pausas necesarias.
  • Autocorregid el dictado.


MATEMÁTICAS
  • Páx 128. Exercicio 8.
  • Páx 129. Exercicios 11 e 12.
  • Para facer o Exercicio 8, necesitades estas medidas: 
  • ZONA DE XOGOS: 2 cm de longo (base) e 3 cm de altura.
  • ZONA VERDE: 2 cm de longo (base), 3 cm de altura. O lado superior ten 4 cm. O ancho do L é de 1 cm e os lados que faltan son os dous de 2 cm cada un.
  • AUDITORIO: 3 cm de longo (base). 3 cm de altura maior. 2 cm de altura menor. O lado pequeno mide 2 cm e os que quedan, miden 1 cm cada un.
  • Lembrade que o PERÍMETRO é a suma de todos os lados de un polígono.

=============================

6ºB

SOCIAIS
  • Fichas 17 e 18 (o arquivo está nas actividades do luns, 23).
LINGUA CASTELÁ
  • Ficha 3 (o arquivo está nas actividades do mércores, 25).
MATEMÁTICAS
  • Páx 128. Exercicio 8.
  • Páx 129. Exercicios 11 e 12.

Comentários

  1. Esquecín un aviso. Victoria, podes enviar ti nun comentario as solucións das actividades da páx. 125 de Matemáticas ? Así corrixímolas entre todos e todas e levamos un seguimento. Moitas grazas!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O triángulo 12 centímetros
      O rectangulo 15 centimetros

      Madrid-Barcelona 2,9 cm
      Valencia-Bilbao 2,7 cm
      Barcelona-madrid-Sevilla 5,1 cm
      Zaragoza-Madrid-A Coruña 4,5 cm

      0___720 ___1.440 ___
      Kilometros = 1: 720


      Eliminar
  2. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Xandre, íache preguntar fai un pouco como levabas a tarefa de hoxe, pero xa te me adiantaches ti coa resposta. Alégrome que todo che resultara fácil, iso quere dicir que están os temas entendidos. Tes que comprobalo cando vos mande as correccións.
      En canto ao libro, tes que seguir lendo un pouco cada día aínda nós non vos mandemos. Unha vez que te "enganches" coa historia, verás como che gusta. Saúdos.

      Eliminar
  3. Hola Irene espero que estedes todos ben . Eu xa rematei todos os exercicios . E o exercicio 12 de mates pode facerse sen operacións? Son Asíer , un saúdo .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Asier! Moi ben, campión!
      O problema 12 claro que se pode facer sen operacións. Pero eu creo que non estás reparando en que ten truco. Fai as operacións para comprobar que estás caíndo na conta da trampa que ten. Unha aperta e parabéns polo traballo.

      Eliminar
  4. Ola Manuel,son Alba.Eu xa teño todo Feito.Un saudo.

    ResponderEliminar
  5. Boa tarde Alba. Como ti levas o traballo ao día vouche pedir que fagas unha tarefa extra : anima ás compañeiras e compañeiros cos que esteas en contacto a que participen no blogue. Gustaríanos saber, primeiro como están, e despois se entenden as actividades, se teñen dúbidas, se están agobiados, se non poden entrar no blogue, etc.

    ResponderEliminar
  6. Ola Manuel. Son Oscar. Xa rematei todo pola mañan e agora vou seguir lendo o libro. Saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Óscar, pois agora a disfrutar coa lectura. Ánimo !

      Eliminar
  7. Hola Irene tarefas rematades
    .. agora toca leer

    ResponderEliminar
  8. Ola Irene son Iago .. tarefas rematadas agora toca ler

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Marabilla Iago! A ver se podes animar aos compañeiros e ás compañeiras cos e coas esteas en contacto a que entren no blogue e deixen os seus comentarios para saber como van nas tarefas e se teñen dificultades ou non. Moitas grazas, iago.

      Eliminar
  9. Hola soy Fabio.Tareas terminadas.Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Fabio! Non tiveches ningún problema para descargar o libro? Que tal os exercicios? Sen dificultades? Espero que todo vaia ben,. Un saúdo-

      Eliminar
  10. Ola , son Uxía V., deixovos un enlace dun video das células:
    https://youtu.be/WQgwaigJlsI. un saudo para todos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentário foi removido pelo autor.

      Eliminar
    2. Moitas grazas Uxía! Es moi boa compañeira por compartir as túas experiencias cos demais. Unha aperta.

      Eliminar
  11. ola Irene , non entendo o tercer punto do exercico 8 da pax 128. son Ainhoa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. *---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---F---*

      Ola Ainhoa, fíxate no esquema que che puxen, representa o lado máis pequeno da zona de xogos que mide no debuxo 2 cm e na realidade 50m. Os asteriscos son as farolas das esquinas. A partir da farola da esquina, as demáis colócanse cada dous metros como están no esquema. Cantas farolas hai nese lado sen contar as das esquinas?
      Exacto! Hai 24. Como son dous lados iguais, 24x2 = ...
      Pois o mesmo tes que facer cos dous lados máis longos ( 3cm no plano e 75 m na realidade) e ao final sumar todas as farolas.
      Agora espero que sexas capaz de resolvelo. Un saúdo.

      Eliminar
  12. Ola Mabel ,son Uxía V., eu intento buscar o enlace do traballo The tale of Peter Rabbit pero non me aparece , busqueino por todas as redes e non o encontro .
    Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola ,Mabel xa encontrei o video de Peter Rabbit ,son Uxía V.
      Un saudo

      Eliminar
    2. Ola de novo Mabel , xa fixen o traballo de The late of Peter rabbit , a min resultoume fácil, exceptuando dúas preguntas.

      Eliminar
  13. Ola Manuel, estades todos ben? Hoxe non ides poñer deberes.Son Breo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo, estamos todos ben, grazas, o que pasa é que ás veces por problemas de tráfico na rede non nos é posible subir as tarefas ou os comentarios no momento en que nos gustaría facelo, pero non desesperedes que con paciencia iremos intentando solucionar as dificultades.
      Vós seguide á espreita! (vixiando sen ser vistos).

      Eliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO