ACTIVIDADES PARA O VENRES, 27 DE MARZO

Ola. Bo día.

NECESITAMOS QUE TODO O ALUMNADO ENTRE NO BLOGUE E DEIXE ALGÚN COMENTARIO. A Consellaría de Educación esíxenos facer un seguimento de todo o alumnado. Temos que saber se accededes ben ás actividades, se tendes algún problema para vos conectar ao blogue ou calquera outro, se tendes dificultades para facer os exercicios...

POR FAVOR, facédenos chegar todas as vosas inquedanzas, suxestións, comentarios, etc.

Entre hoxe á noitiña e mañá pola mañá iremos subindo as solucións das actividades desta semana.


6ºA

NATURAIS

  • Lede con atención estas dúas páxinas. Xa as estudamos o ano pasado. Facede as actividades 1 e 2.
  • Buscade vídeos educativos sobre a OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN NOS SERES VIVOS (tecidos, órganos, sistemas e aparatos e organismos).


MATEMÁTICAS

  • SABER HACER, páxina 130. soamente o exercicio 1. Debuxade os gráficos no caderno.


LINGUA GALEGA

  • Descargade esta ficha e facede as seguintes actividades no caderno: 1, 2, 3 e 4 da páx 19 e a 16 da páxina 21.
PLÁSTICA:
  • A ver se sodes capaces de facer o proxecto que vos mostro neste vídeo. A plantilla está nos comentarios do propio vídeo e tamén a podedes ver aqui. Se non podedes imprimir, facede vós a vosa propia plantilla debuxando os diferentes elementos. Tedes até o próximo venres. Cando o rematedes, facédelle unha boa foto e enviádea ao correo deste blogue: ruxerruxe6@gmail.com. Non esquezades poñer o voso nome.

LECTURA: Continuade a ler O HOBBIT. Outras 5 páxinas.

 

========================

6ºB

SOCIAIS

  • Fichas 19 e 20 (No arquivo que xa vos mandamos).


MATEMÁTICAS
  • SABER HACER, páxina 130. soamente o exercicio 1. Debuxade os gráficos no caderno.


LINGUA GALEGA

  • Descargade esta ficha e facede as seguintes actividades no caderno: 1, 2, 3 e 4 da páx 19 e a 16 da páxina 21.

   
PLÁSTICA:
  • A ver se sodes capaces de facer o proxecto que vos mostro neste vídeo. A plantilla está nos comentarios do propio vídeo e tamén a podedes ver aqui. Se non podedes imprimir, facede vós a vosa propia plantilla debuxando os diferentes elementos. Tedes até o próximo venres. Cando o rematedes, facédelle unha boa foto e enviádea ao correo deste blogue: ruxerruxe6@gmail.com. Non esquezades poñer o voso nome.

LECTURA: Continuade a ler O HOBBIT. Outras 5 páxinas.

Comentários

  1. Bos dias Manuel
    Eu estou levando o dia as actividades
    Espero que esteades todos ben
    ¡¡ vos boto de menos!!
    Un saudo
    Martin

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Martín, alégranos moito saber que estás ben e tamén que estás traballando e levando as tarefas ao día. Non deixes de escribir para dicirnos como vas e tamén para preguntar o que non entendas das actividades propostas. Moitos ánimos !

      Eliminar
  2. Buenos días Irene, yo no tengo ningún problema con la página. Llevo los deberes al día.
    Un saludo.
    Sabela Padrón.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bravísimo, Sabela! Todo ben? Sen dificultades? A ver se nos voltamos ver dentro de pouco tempo, para poder botar algunha risada na clase, porque así é máis aborrecido e as explicacións e as colaboracións entre todas e todos na aula son máis enriquecedoras, Pero hai que levalo e cos vosos comentarios ímosvos facendo un seguimento. escribe un comentario cada día para saber como vas e, se tés algunha dificultade, pide axuda. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Respostas
    1. Moitas grazas, Victoria! A ver que sae desas marabillosas dotes artísticas. Podedes facer calquera variación , engadir outros elementos ... Iso é a creatividade;, pero, claro, hai que ter en conta as limitacións de poder usar apenas os materiais que temos na casa. Ti podes debuxar todo, sen utilizar as plantillas e engadir máis órganos.
      Por certo, se cadra non liches o comentario que che puxen onte para que subises ti os resultados dos exercicios de mates da páx. 125. Así corriximos entre todas e todos, alén de esperar polas solucións do fin de semana. Un saúdo.

      Eliminar
    2. Perdoa Victoria, xa vin os resultados que enviaches. É que con tanta navegación pola rede, ás veces, non entran cando deberían e, máis tarde entran no post anterior. Agora teño que me desconectar. Despois xa chos miro.

      Eliminar
  4. Hola Manuel, eu vou bastante ben quedanme algúns exercicios de matemáticas e os
    de hoxe.Espero que esteades todos ben.
    Un saudo Carmen.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Benvida ao blogue, Carmen. Xa ves, botamos de menos a vosa presencia aínda que só sexa virtual. Sería conveniente que remataras hoxe os exercicios propostos para esta semana posto que mañá imos subir as correccións dos mesmos para que podades comprobar se os tedes ben. Un saúdo.

      Eliminar
  5. Sabela S. 6°A
    Bos días Irene, nos levamos os exercicio o dia, un forte abrazo a todos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que alegría saber de ti! Cando precises axuda con algo, avisanos. Explicaremos todo o que poidamos. Segue en contacto todos os días para poder levar un seguimento. Estamos desexando poder dar as aulas no cole e botámosvos de menos, pero hai que facer todo o que se poida no blogue. Ánimo e a seguir así. Es moi responsable! Un saúdo.

      Eliminar
    2. Moitas grazas Irene espero verte pronto

      Eliminar
    3. Perdona Irene,Donde temos que adxuntar o nosos correo, nos chegou unha mensaxe o tokapp school?. Nos traballanos con esta dirección

      Eliminar
    4. Nós co blogue já temos todo solucionado porque nos comentarios organizamos todas as explicacións e as informacións. Se queredes escribir unha mensaxe privada podédelo enviar ao correo do blogue que ao que só temos acceso Manuel e eu para centralizar todo o que teñamos que informar privadamente ás familias a través del e non dos nosos correoss persoais, xa que a día de hoxe están cheos de mensaxes que nos chegan por toda a parte e moitas veces nin se dan aberto,.
      O correo deste blogue é ruxerruxe@gmail,com.

      Eliminar
  6. Ola Manuel, son Breo, eu non teño ningún problema con blogue estou levando as tarefas ao día o único e que vos voto moito de menos. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo, mentres dure esta situación non nos vai quedar máis remedio que practicar a escritura para comunicarnos. Ah ! E tamén a ortografía! Ou non?

      Eliminar
  7. Hola Manuel son AFRICA vou o día nos ejercicios algún de matemáticas tiñeron que axudarme na casa e o libro inda empecéi HOXE a léelo o HOBBIT non o dábamos descargado ESTAMOS TODOS BEN . UN SAUDO AFRICA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola África, alégrame saber que estás ben e que estás traballando un pouco todos os días. Tes moita sorte de que che poidan axudar na casa, pero non esquezas que eu tamén estou aquí para axudarche na medida das miñas posibilidades. Xa sabes, non deixes de preguntar cando o necesites. Un saúdo.

      Eliminar
  8. Ola Manuel,son Alba.O de galego podese facer na ficha si tes impresora?Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, os/as que teñades posibilidades de imprimir na casa podedes facelo e despois pegar a ficha na libreta correspondente. Xa sei que vai haber moitas/os que non poidan facelo, pero copiando os exercicios tamén se practica a caligrafía e a ortografía. Saúdos.

      Eliminar
  9. Bos días Irene,son Daniel Seara levo os deberes .. espero qe todos ustedes ben . Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Benvido Daniel! Alégrome moito de que deixes os teus comentarios no blogue. Así sabemos de ti. Que tal cos exercicios de mates? Cando precises calquera axuda, pídea. Entre todas e todos podemos aprender moito e, por certo, mira que te boto de menos ,,,!
      Sodes xeniais e é un pracer para Manuel e para min ser os vosos mestres. deixa todos os días no blogue un comentario para facer o teu seguimento, Um saúdo.

      Eliminar
  10. Hola manuel eu non din aberto o libro do HOBBIT porque me di que non hai ningún
    archivo.
    Un saúdo Carmen.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Carmen, nas actividades do martes tes que baixar o arquivo do libro e para abrilo necesitas o programa CALIBRE que terás que descargar previamente se non o tes no ordenador. Inténtao de novo a ver se o consigues. Saúdos.

      Eliminar
  11. Hola Manuel. Levo os deberes ao día aun que me falta por facer o de Sociales de hoxe. Un saúdo muy forte Candela.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Candela, agora xa sebemos como levas as tarefas, pero tamén nos gustaría saber como vai o teu proceso de recuperación despois de que pasara o primeiro mes dende a operación. Esperamos que todo vaia ben. Cóntanos algo. Unha aperta.

      Eliminar
    2. Hola Manuel. A perna vai moi ven. O que pasa e que o 19 de marzo tiña que ir a Madrid pero non puden ir. Agora temos que esperar que pasen estas semana. Un saúdo Candela

      Eliminar
    3. Alégrome moito de que evoluciones positivamente, Candela. A ver se dentro de pouco xa podes ti tamén botar un baile para celebrar que todo isto rematou. MOITO ÁNIMO !

      Eliminar
  12. Ola Manuel, son Lucía Paradela, non teño problemas para conectarme ao blogue nin para descargar os arquivos dos links.
    En ocasións teño dificultade coas matemáticas, pero axúdanme na casa e consigo resolvelas.
    As actividades están ao día e aínda non empecei a ler o libro, fareino hoxe.
    Espero que ti a túa familia esteades ben, un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Lucía, por aquí todos estamos ben. Botabamos de menos a túa presenza no blogue e comprácenos saber que estás ben e que estás facendo as actividades cada día. Xa sei que eres moi afortunada coa axuda que che prestan na casa, pero non dubides en consultar no blogue as dúbidas que teñas.Aínda que non é o mesmo explicar na pizarra que facelo a través desta ferramenta de urxencia, intentareino facer o mellor que poida. Un saúdo para todos vós.

      Eliminar
  13. Boas Manuel, son Abigail, tampoco teño problemas en acceder e descargar as tareas. Se teño algunha dubida me axudan. Grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Abigail, alégranos saber que estás ben e que non tes problemas coas tarefas. É unha sorte para ti poder contar con axuda cando tes dúbidas que resolver, pero non por iso deixes de intervir no blogue para dicir como vas ou para facer aportacións en relación coas actividades. Entre tod@s podemos facer o traballo máis ameno. Un saúdo.

      Eliminar
  14. Boa días Manuel
    Eu levo todo o día.
    Un saúdo
    Son Sabela

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Benvida ao blogue , Sabela, alégrome de que esteas ben, e tamén de que non teñas dificultade coas tarefas que se foron programando ata o momento. Espero que sigas participando e que plantexes as dúbidas que che vaian xurdindo. Un saúdo.

      Eliminar
  15. Moi ben Xandre. Como seguro que xa tes feito o traballo de hoxe ao mellor pódesnos dicir como resolviches o problema 5 da páxina 128. Así, de vez en cando, vou vendo como levades as actividades antes de subir a plantilla de corrección. Grazas pola túa colaboración.

    ResponderEliminar
  16. Ola. Son Óscar. Eu levo os deberes o día. Tamen teño ganas de volver o cole.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa tarde Óscar. Temos que pensar en positivo e ... cada día que pasa é un día menos que queda para o regreso. ANIMO !

      Eliminar
  17. Xandre, pensa que o problema ten tres apartados e ti só fixeches un, pero non está ben. FÏXATE : se compras 500 g de castañas sae mellor que nos regalen o 10% porque o
    10% de 500 = 50 g que nos regalan, mentres que na 1ª opción só nos regalan10g.
    Solución : 50g son + que 10g, por tanto, sae mellor o 10%.
    Non pasa nada! Corrixe e remata os outros apartados.

    QUEN SE ATREVE A REMATAR DE CORREXIR ESTE PROBLEMA?

    ResponderEliminar
  18. B) Si 10% de 50= 5g
    Solución: 10g es menor que 5g. Es mejor elegir 10g del productor

    C) Si 10% de 100= 10g
    Solución: 10g es igual a 10g. Da igual cual elijas, son lo mismo.

    ResponderEliminar
  19. Se compras 500gr de castañas e meior elexir o 10% do peso da tua compra pq o 10% de 500gr e 50gr e 50gr e maior q 10gr.

    Se compras 50gr e meior elixir 10 gr mais pq 10g e maior q o 10% de 50 q ė 5g.

    Se compras 100gr de castañas da igual cal elixas pq as dous son 10g mais.
    Alba.

    ResponderEliminar
  20. Ola Manuel, por aquí todo ben, traballando un pouco cada día, pero vos boto moito de menos. Un saudo May

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola May, benvida ao blogue. Espero que vaiades perdendo o medo e a preguiza a participar, a expoñer dúbidas, a facer correccións, suxerencias, etc. porque entre todo@s podemos facer a aprendizaxe máis amena. Un saúdo.

      Eliminar
  21. Ola Manuel, son Daniel.
    Creo que ao fin solucionamos o noso problema tecnolóxico para enviar comentarios, así que xa podré escribirche cada día e contarte como vou coas tarefas. De momento, todo feito.
    Espero que Tod@s estedes ben.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  22. Canto me alegro de que esteas de novo connosco,Daniel. Non puiden dar resposta ao teu problema porque xa sabes que a informática non é meu forte. Unha vez solucionados os atrancos tecnolóxicos, contamos contigo! Unha aperta.

    ResponderEliminar
  23. Candela e Alba, noraboa! Entendestes perfectamente o problema e tamén o explicastes correctamente, agas un erro que cometeu Candela na redacción ao poñer que 10g é menor que 5g. O correcto é : 10g é maior que 5g .

    ResponderEliminar
  24. Hola
    Son Xurxo
    Levo todo o día
    Saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ben , Xurxo. Mañá subiremos as correccións das actividades da semana. Saúdos.

      Eliminar
  25. Hola son Iago e xa rematei todo . Tamén o de plástica.No fin de semana vou estudiar.

    ResponderEliminar
  26. Hola soy Fabio, todo realizado.
    Un saludo.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO