ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 18 DE MARZO


Bo día! Estades todos/as ben?

Continuamos coas actividades da semana. Precisamos que nos escribades algún comentario cada un/unha para saber por onde ides nos exercicios e se sodes capaces de os facer; se vos funcionan as ligazóns, se vedes ben o blogue...

Lembrade que, como mañá é festivo, non teredes tarefas. A xogar todo o día!


ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 18 DE MARZO:

6ºA


LINGUA CASTELÁ:

  • Facer os exercicios 6, 7 e 8 da páxina 92.

MATEMATICAS:

  • Continuade cos exercicios 5, 6, 7 e 8 do documento que vos adxuntamos o luns.

SOCIAIS:
  • Exercicio 2 da páxina 134
  • Calcade no caderno o mapa da actividade 8, da páxina 135 e facede o exercicio no mapa.
  • Da páxina 132 , “SABER FACER”. Tendes toda a semana para facer un traballo que será presentado cando voltemos á aula, sobre un país da Unión Europea que teña o EURO como moeda.
  • Repasar os países da Unión Europea e do continente, coas súas capitais, nos mapas interactivos.

PLÁSTICA:

  • Facer o RUXI-RETO que vos puxeron na páxina web do cole para esta semana. Non esquezas envialo ao enderezo que se indica.


=========================

6ºB


LINGUA CASTELÁ:

  • Fichas de repaso do tema 5 entregadas o xoves día 12.

LINGUA GALEGA:


MATEMATICAS:

  • Continuade cos exercicios 5, 6, 7 e 8 do documento que vos adxuntamos o luns.

PLÁSTICA:

  • Facer o RUXI-RETO que vos puxeron na páxina web do cole para esta semana. Non esquezas envialo ao enderezo que se indica.

Comentários

  1. MANUEL NON ENTENDO O PROBLEMA 5 . SERGIO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sergio! Antes de que che explique o problema Nº 5 vas consultar no libro de Matemáticas o Tema 3, páx. 46-47. Seguro que lembras que fixemos na libreta varios exercicios deste tipo.
      Se despois de facer a consulta segues sen entendelo escríbesme e vouche dando pistas para que o resolvas. Espero a túa resposta coa solución incluída.

      Eliminar
  2. Irene o exercicio número 8 de matemáticas non o entendo ,son Ainhoa Barata

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Ainhoa! É doado de facer. Pensa: se saes da Ourense para o pobo ás 18.30h e tardas 1h e 20 minutos en chegar. A que hora chegas? Pois tés que sumarlle 1h ás 18.30 e sáenche as 19.30 e logo os 20 minutos a maiores, e das 19.30 pasas ás 19.50 ; e esta sería a hora de chegada ao pobo. Este é un exemplo; tenta resolver o exercicio 8 sumándolle primeiro as horas e despois os minutos que quedan. Veña, anímate que o vas conseguir.

      Eliminar
  3. Ola Manuel. Fixen os de naturales, lengua e casi todos os de mates. Son Oscar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Óscar! Segue así de traballador! Por certo, pódesme dar a solución dos problemas 13, 14, 15 e 16 da ficha de porcentaxes? Así imos comprobando que o traballo que facedes está correcto.

      Eliminar
    2. 13. 1700 tornillos
      14. 20% de alumnos
      15. 500 camas
      16. 16 %

      Eliminar
    3. Correcto Óscar. Vas por bo camiño. Ánimo.
      Estate atento porque vou poñer no blogue a solución de todos os exercicios desa ficha.

      Eliminar
  4. hola Irene , son Victoria, xa fixen todos os exercicios, excepto os de mates por que non teño o libro, voulle pedir fotos a algún compañeiro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Victoria. De momento, os exercicios de mates non son do libro. Son dun documento adxunto que está neste blogue, no post inicial. É este:

      https://drive.google.com/open?id=1vRXY8fFdvNhkF0O3SykES-ujFcqHXOVl

      A ver se o podes abrir. Un saúdo.

      Eliminar
  5. Hola son Candela. Eu a ficha de lengua Castelá non a teño. Se me a podes mandar a luzdocampo@yahoo.com por favor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Candela, as fichas de Lengua non chas podo mandar porque non as teño no meu ordenador, pero vouche mandar unhas semellantes do mesmo tema por se queres repasar un pouco.

      Eliminar
    2. Candela, revisa se o correo que me dás está correcto, porque ao mandarche as fichas dime que non se atopa esa dirección.

      Eliminar
  6. Respostas
    1. Comproba se agora recibiches o traballo de Lengua e os problemas de Mates.

      Eliminar
    2. Non recibín o traballo de Lengua nin o de Matemáticas. douche outro Gmail por se e por eso. escuderodocampoluz@gmail.com

      Eliminar
    3. Mandeiche o traballo ao novo correo. A ver se á terceira vai a vencida.

      Eliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO