MÚSICA, RITMO , POESÍA E MATES Como onte non vos gustou moito en xeral Sés, a ver toda esta outra variedade, dade a vosa opinión e a ver como lle dades ao caletre cos retos. MATEMÁTICAS Hoxe van outros dous retos, os de onte eran moi doados, pois os de hoxe tamén, a ver como funciona o razoamento matemático-verbal. Como os dous prfes temos reunión na escola e non podemos atender ao blogue, cando alguén pida axuda nos comentarios, @s outr@s ídelle dando algunha pista. A darlle ao caletre! Reto 1 e Reto 2 LINGUA GALEGA Como a música de onte non vos gustou moito. a ver se esta é máis do voso agrado. É o grupo Verto; dous rapaces de Compostela, que fan música para desfrutar coas amig@s. Se vos gusta o Rap ou a música urbana hai unha conta en Instagram que se chama @hiphopemgalego. Isto é reggae, o nome artístico da rapaza çe HIGHPAW e a canción Fenda a fenda Esta é outra cantautora GUADI GALEGO e a cantiga MATRIARCAS