Mensagens

RETOS MATEMÄTICOS E RITMOS DIFERENTES

MATEMÁTICAS Imos continuar cos retos matemáticos: Reto 1 , Reto2  e Reto 3 . Hoxe van tres, a ver que tal o razonamento lóxico-matemático. Ánimo e a resolver todos. LINGUA GALEGA A Hoxe hai unha escolma diferente con outros estilos, para que vexades que na Galiza se fai de todo:  Rock-Ska: O grupo Dakidarría e a canción TERRA . Mestura de ritmos tradicionais con ritmos máis modernos e electrónicos: Rodrigo Cuevas (asturiano cantando en galego) e a canción: MUIÑEIRA PARA A FILLA DA BRUXA  con vídeos experimentais. A cantautora Uxía Senlle que xa coñecedes coa canción que compuxo para o festival CANTOS NA MARÉ . Festival da música dos países da Lusofonía, onde se falan variantes do galego-português. Música tradicional arranxada por Xabier dïaz e as Adufeiras do Salitre na CANTIGA DA MONTAÑA . Comentade no blogue que tal os retos e que cantiga vos gustou máis.

ATENCIÓN URXENTE

ATENCIÓN URXENTE Atendede ben a estas dúas informacións que vos temos que facer chegar despois da reunión de hoxe. O xoves imos facer unha videoconferencia de despedida das dúas aulas: unha para 6º A e outra para 6ªB. Ímola facer a través da plataforma da Xunta WEBEX. Só vos temos que enviar un convite ao voso correo cun enlace e un contrasinal. Para iso é moi necesario que nós enviedes ao correo do blogue o  enderezo completo do correo que queredes usar para esa reunión ben clariño para que os poidamos copiar para pór no WEBEX nos convites da reunión. Por favor,  non vos confundades. Se o podedes facer esta tarde non esperedes ata mañá, para ver se esta noite podemos crear as sesións de videoconferencia. Se alguén non mira o blogue avisádeo/ os e as que o vexades. Imos tentar que a videoconferencia de 6ºA sexa ás 10.00 e a de 6º B ás 10. 30. Necesitamos que nos enviedes nese mesmo correo   a tallaxe que queredes para encargar as camisetas. Son modelo adu...

MÚSICA, RITMO , POESÍA E MATES

MÚSICA, RITMO , POESÍA E MATES Como onte non vos gustou moito en xeral Sés, a ver toda esta outra variedade, dade a vosa opinión e a ver como lle dades ao caletre cos retos.  MATEMÁTICAS Hoxe van outros dous retos, os de onte eran moi doados, pois os de hoxe tamén, a ver como funciona o razoamento matemático-verbal. Como os dous prfes temos reunión na escola e non podemos atender ao blogue, cando alguén pida axuda nos comentarios, @s outr@s ídelle dando algunha pista. A darlle ao caletre! Reto  1 e Reto 2 LINGUA GALEGA Como a música de onte non vos gustou moito. a ver se esta é máis do voso agrado. É o grupo Verto; dous rapaces de Compostela, que fan música para desfrutar coas amig@s. Se vos gusta o Rap ou a música urbana hai unha conta en Instagram que se chama @hiphopemgalego. Isto é reggae, o nome artístico da rapaza çe HIGHPAW e a canción Fenda a fenda Esta é outra cantautora GUADI GALEGO e a cantiga MATRIARCAS

MÚSICA, POESÍA E XIMNASIA MENTAL

Imagem
Hoxe a desfrutar da música e dos xogos matemáticos. Ben merecido o temos todos. Nos comentarios escribídenos se vos gusta ou non e se dades feito os retos. Parabéns polo voso traballo, pero non vos desconectedes, que imos falar mañá de como organizar a videoconferencia. MÚSICA, POESÍA  E XIMNASIA MENTAL MATEMÁTICAS Imos resolver dous retos de razonmento matemático e verbal : Reto 1  e Reto2.  Ánimo que son doados, son xusto para a vosa idade. Hala, a derreter un ppouco os miolos. LINGUA GALEGA Escoitade esta entrevista a Sés, unha das mellores cantantes de Galicia neste momento. Agora escoitade a cantiga que lle dá título ao CD TRONZAR OS VALOS . Sacou CDs novos, pero a nós esta é unha das cancións que máis nos gusta. A ver se vos gus ta esta outra en directo: NON SON FADA

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O VENRES, 12 DE XUÑO MATEMÁTICAS HOXE ACABAMOS TODO O DE MATES. Só vos queda facer esta proba de control de repaso de xeometría e, ao acabala, enviala ao correo do blogue. A partir do luns: xogos, retos e pasatempos matemáticos. CIENCIAS SOCIAIS En Sociais tamén acabamos hoxe cos contidos do libro, pero queda unha proba de competencias de repaso da historia de España no século XX  para a semana que ven. Ides ler con moita atención estas dúas últimas páxinas do libro e ides definir o concepto de TRANSICIÓN e un esquema do apartado A CONSTITUCIÓN DE 1978 E O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. Non hai que mandalo ao correo do blogue, só o de mates.

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 11 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 11 DE XUÑO MATEMÁTICAS  Volvede ver o vídeo de onte no que, ao principio, se fala do perímetro do círculo, que é o mesmo que a lonxitude da circunferencia.  Facede estas fichas  sobre a lonxitude da circunferencia. Comprobade se tedes ben as actividades do mércores cotexándoas coas SOLUCIÓNS  que deu unha compañeira. CIENCIAS SOCIAIS Lede con moita atención estas dúas páxinas do libro de C. Sociais sobre a ditadura franquista, que se impuxo en España tras a vitoria do chamado bando nacional, liderado polo xeneral Franco na Guerra Civil. Facede o exercicio 1, definindo o que foi o franquismo e explicando cada unha das súas características e o exercicio 3 de Educación Cívica. Mirade este vídeo sobre a situación de España, nos primeiros anos da ditadura franquista, xusto despois da Guerra Civil.

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 10 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 10 DE XUÑO MATEMÁTICAS Hoxe acabamos coa  teoría da xeometría, asi que vos imos pedir un último esforzo. Mirade este vídeo sobre a lonxitude da circunferencia ( perímetro do círculo) e a área do círculo. Despois, lede con moita atención a explicación que se vos dá nas fichas, e, unha vez ben entendida, facede os exercicios das fichas . OllIÑO: Que se acabe coa tería da xeometría das figuras planas, non quere dicir que se acaben os exercicios de repaso. Comprobade se tedes ben as actividades do martes cotexándoas coas  SOLUCIÓNS  que deu unha compañeira. CIENCIAS SOCIAIS Aínda que mañá é o día en que tendes cita para entregar os libros e recibir o material, non vos preocupedes porque as páxinas que nos quedan para acabar o tema da historia contemporánea de España e, que son as máis actuais, ímosvolas subir ao drive para poder continuar os traballos. Hoxe ides ver este vídeo  resuo sobre a guerra civil española e as súas cons...