ACTIVIDADES PARA O XOVES, 21 DE MAIO

Ola, bo día. Como hai bastantes actividades de mates e queremos que fagades con atención e coidado o experimento de Lingua Galega, hoxe só vos imos mandar actividades de dúas materias. Así que tentade facelas o mellor posible. Ánimo e forza para acabar ben o curso.

ACTIVIDADES PARA O XOVES, 21 DE MAIO

MATEMÁTICAS
  • Abrid este archivo y haced los ejercicios de la prueba de competencias.
  • Para resolver el ejercicio 10 de las actividades de hoy es preciso recordar la clasificación de las figuras geométricas planas que estudiasteis en cursos anteriores.En caso de duda podeis consultar  aquí .
  • Soluciones de las actividades del martes 19 de mayo.
LINGUA GALEGA
  • Imos facer un experimento lingüístico. Queremos comprobar que todas as linguas teñen variantes que poden soar moi diferentes unhas das outras, pero as palabras escritas son moi parecidas. Este é o caso do galego e o portugués, que pertencen ao mesmo sistema lingüístico (como dicía Ricardo Carvalho Calero) aínda que soan moi diferente, tanto que às veces, os galegos non entendemos o que din os que falan português. Pero, se podemos ler o mesmo que se fala, darémonos conta de que entendemos a maioría das palabras, porque tamén son galegas.
  • EXPERIMENTO:
  • 1º: Vede este vídeo de Ana Moura.
  • 2º: Agora vede este outro, onde está escrito o que Ana Moura canta.
  • 3º: Anotade as palabras que non entendades, nin siquera polo contexto.
  • 4º: Que conclusións sacades? Escribídeas e enviádeas xunto coas palabras que non entendedes ao correo do blogue.
  • Cando todos e todas teñades enviado as palabras que non entendades e as conclusións ao blogue, subiremos un vocabulario para que poidades coñecer o significado das palabras que non destes adiviñado nin polo contexto.



Comentários

  1. CONCLUSION:

    Os idimas hainos moi diferentes, por iso as palabras pronuncianse e escribense doutra maneira. por exemplo: xanela, crianza, galo, galo,etc...SON faciles de entender, pero outras son moi dificiles de comprender

    PALABRAS QUE NO ENTENDO;

    Ruela
    Berbequin
    Birras
    Fado
    Empolga

    ResponderEliminar
  2. Hola Manuel.
    Xa enviei o experimento ao correo e xa acabei o de mates.
    Ai que envíalo ao correo??
    Un saúdo Candela.

    ResponderEliminar
  3. Ola Manuel, pero as conclusións e as palabras hai q mandalas ao blog ou ao correo do blog??

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alba. Mandádeas ao correo mellor porque así xa recollemos dende alí todo o vocabulario para explicar.
      Saúdos

      Eliminar
  4. Ola . Rematei todo.
    O experimento faime pensar que o portugués se parece moito o galego. Os que falamos galego podemos entender a maioría das palabras. Algunhas son iguais, outras parecidas e outras poden sacarse polo contexto.
    Eu cando o escoitei entendin casi todo, menos as palabras: berbequim, birras e empolga.
    Dudei en ruela que me parece que é rúa e avental que polo que di da cociña penso que é delantal.
    O meu segundo pobo está na zoa do Xurés moi preto de Portugal e cando imos a Portugal entendemos moito do que din.

    ResponderEliminar
  5. Conclusión:

    Que hai algúns idiomas que unha parte deles deriva de outro idioma por eso ten algunhas palabras que se poden entender ao Español ,por exemplo: xanela ,crianza ,galo ,etc.

    Palabras que non entendo:

    Ruela
    Berbequin
    Fado
    Empolga

    Un Saudo,Xurxo

    ResponderEliminar
  6. las que no entiendo son: ruela, berbequim, birras, tudo, fez, empolga, fado, rimel.🤔🤔🤔

    ResponderEliminar
  7. Ola Manuel, todo feito. Un saudo.

    ResponderEliminar
  8. Ola Manuel, xa rematei as tarefas.
    Eu saquei, que podemos ir a moitos lugares só sabendo falar o galego.
    As palabras que non entendín son: ruela, berbequim, fez, pazes e avental.
    Unha aperta virtual.

    ResponderEliminar
  9. Ola Irene, xa rematei todo e vouche enviar o de Galego ao teu correo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. Irene revise mejor y encintre mas que no entendia:

    -ruela -berbequim -birras -tudo -fez

    -rimel -atrapalhar -avental -fado -empolgado

    ResponderEliminar
  11. Entendino moi ben pero as palabras que non entendin foron,ruelas, Berbequin e birras

    ResponderEliminar
  12. Como dixo Xandre ai moitos idiomas que se entenden moi ben.

    ResponderEliminar
  13. Ola Irene , son Uxía V. , xa rematei todo.

    ResponderEliminar
  14. Ola Irene . Xa che mandei todo o de ligua ao correo .
    Un saúdo coidate .

    ResponderEliminar
  15. Ola Irene, son Carmen . A miña conclusión é :
    Que hai moitos idiomas, e algúns deles son moi parecidos coma o galego e o portugués. O caso é que cando o escoitas parece (o portugués para nós) diferente, pero se ves a letra o entendes moito mellor.

    AS PALABRAS QUE NON ENTENDO SON :
    Ruela
    Tréguas
    Birras
    D'obra
    Empolga
    Atrapalhar
    Passo
    Avental

    ResponderEliminar
  16. Ola Manuel, xa rematei hai tempo pero se me esqueceu de dicircho, un saudo May

    ResponderEliminar
  17. Tamén quería dicirche que me esquecín o día pasado de comentarte que os vídeos de sociais os entendín os dous ,tamén vín o da segunda guerra mundial. A verdade é, que a mín xa me interesaba este tema, e vin algunhas películas disto, coma...
    A vida es bella, El niño de pijama de rayas, El viaje de Fani etc. paréceme que é moi interesante porque é algo que sucedeu no pasado e que é moi triste.

    O día que pediches de enviar o de mates enviei un correo co de ese dia e non sei se tiña que mandar o anterior tamén. Por eso cho pregunto no blog. E tamén que xa terminei o libro do Hobbit. Gustoume moito.
    Un saúdo , Carmen.

    ResponderEliminar
  18. Bos días Irene , as palabras que non entendo son .

    - Berbemquim
    - Birras
    - Lá fora
    - Fado
    - Empolga
    - Avental

    Un saùdo , son Asier.

    ResponderEliminar
  19. Las palabras que non entiendo son:
    Barbequin
    Fado
    Empolga; creo que è emoción
    E tudo
    Esas non me salen
    Pd son Abigail

    ResponderEliminar
  20. Hola Manuel son Xián xa acabe todo
    Do video EU non entendo berbeqyin ruelas avental empolga

    ResponderEliminar
  21. Tamen embora empola. A conclusion e que ainda que os idiomas sean distintos hay moitas palabras que se comprenden pero otras son difíciles.
    En matemáticas o exercicio 9 non me sale podrías darme unha pista?
    Xian 6b

    ResponderEliminar
  22. Marcos Mariano Cruz Encinas 6A

    PALABRAS QUE NON ENTENDO

    - berbequim
    - birras
    - casal
    - empolga
    - avental

    CONCLUSIÓN

    Cando vexo o vídeo por primeira vez entendo palabras soltas pero non comprendo a mensaxe da canción. Despois cando o vin por segunda vez o vídeo co subtítulo sí que conseguin entender a mensaxe do fado.

    ResponderEliminar
  23. Ola Manuel,
    a conclusión que saco é que o galego e o portugués teñen palabras semellantes, algunhas escríbense de xeito igual ou parecido, outras de xeito distinto e outras non as entendo.
    Non entendo:
    - birras
    - empolga
    - rimel
    - avental
    - ruela
    - berbequim

    Saúdos

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO