ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 27 DE MAIO

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 27 DE MAIO

MATEMÁTICAS

NOTA: Ya está corregido el pdf sobre diagonales y ángulos. Ahora ya aparece el enunciado del ejercicio 4.
  • Ved este vídeo  explicativo sobre los ángulos centrales de un polígono regular y este otro para encontrar fácilmente los ángulos internos o interiores de un polígono regular.
  • Ahora haced estas fichas sobre diagonales y ángulos de un polígono regular.
  • Ojo: también hay ejercicios de dibujo, por lo tanto, hay que usar bien la regla y, al dibujar un polígono regular, sus lados deben medir exactamente lo mismo, así que el uso y la medida con la regla son fundamentales.
  • Enviad estas fichas al correo del blogue, pero que la imagen se vea bien, para poder comprobar con exactitud estos ejercicios.
CIENCIAS SOCIAIS
  • Vede este vídeo sobre a guerra de Marrocos (na meseta do Rif) entre o exército español e os rebeldes (rifeños) qie loitaban contra a ocupación española. Durante esta guerra houbo varios batallas desastrosas para o exército español nas que perderon a vida miles de soldados. O resultado dunha destas batallas é o chamado DESASTRE DE ANNUAL, por ter acontecido ás aforas da cidade de dito nome e que acabou nun terrible masacre (ao redor de 10.000 víctimas mortais so entre os soldados españois). 
  • Lembrade que estes soldados que ían á guerra de Marrocos eran os fillos das clases sociais pobres (operarios, campesiños, pequenos comerciantes ...) que non podían pagar as 300 pesetas que o goberno do Estado pedía para poder librar de ir ao exército. Eses homes eran os que morrían por manter a ocupación duns territorios que a España non lle daban máis que conflictos.
  • Despois deste desastre militar, a poboación do estado español estaba moi enfadada e houbo moitas manifestacións e revoltas contra o mantemento da ocupación militar de Marrocos e contra os xefes militares que conducían os soldados a tales masacres. Tamén dentro do exército había bastante malestar contra os oficiais que daban ordes tan desastrosas.
LINGUA GALEGA
  • Buscade no diccionario online da lingua galega Estraviz as palabras do vocabulario de fado de Ana Moura , que vos puxemos no post de solucións das actividades da semana anterior antes das actividades do luns e as outras que tiñades vós na vosa lista, e copiade o seu significado no caderno de Lingua Galega.

Comentários

  1. Entón de Sociais non facemos resumo?
    Un saúdo, Xian 6 A

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola bo día, Xian. Non hai que facer o resumo, porque, se vos fixades, xa está escrito no vídeo o máis importante. Desta vez, buscamos un vídeo case todo visual para que vos fixerades unha idea das atrocidades das guerras e a cantidade de vítimas que producen. Lede as explicacións que vos puxemos nos outros dous puntos, qie vos aclaran algún aspecto máis dese momento histórico. Unha aperta.

      Eliminar
  2. Ola Manuel, todo feito, e mandado ao correo os exercicios de matemáticas. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Alba. Hoxe non imos corrixir as tarefas de mates segundo as imos facendo, porque veñen ao correo para ser corrixidas por nós. Ao final da semana, xa subiremos todas as solucións para que autocorrixades. Por certo, estás a entender ben os vídeos de Sociais? Encontraches as palabras no diccionario online Estraviz? Unha aperta.

      Eliminar
    2. Ola, os vídeos de socias enténdos ben, e as palabras tamén as mirei no Estraviz pero xa copiara o significado cando colgaches as solucións, aínda que fíxeime que veñen varios significados de cada unha. Un saudo

      Eliminar
    3. Moi ben Alba, ao fixarte en que case todas as palabras poden ser polisémicas e, polo tanto, ter varios significados, así que, sempre hai que buscar o significado que teña que ver máis co tema do texto, canción...no que estea a palabra.

      Eliminar
  3. Rematei e mandei o de matemáticas ao correo. Atopei todas as palabras pero algun significado está en portugués copieino asi porque o entendin.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Óscar. O significado está escrito así, porque o diccionario estraviz é un diccionario da lingua galego-portuguesa, entón trae todas as variantes das palabras galegas que se usan en calquera pobo, vila ou cidade da Galiza en relación coas palabras portuguesas. É o diccionario máis completo que existe de galego, porque o profesor Isaac Alonso Estraviz, orixinario de Trasmiras ( A Limia, Ourense), andou por todas as comarcas da Galiza na procura das variantes das palabras e os seus significados. Dedicou toda a súa vida a ese labor. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Bos día , todo rematado e vídeos vistos
    Un saúdo , coidate .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Iago. Que tal os vídeos de Sociais, Enténdelos ben?

      Eliminar
  5. Bos días Manuel xa rematei todas as tarefas ,e o segundo video que nos recomendaches facilitoume o traballo. Unha aperta Martín

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Martín. Para iso estamos, para tentar facilitar o traballo. Que tal os vídeos de Sociais, enténdelos?

      Eliminar
  6. Bos dias Irene, xa rematei, un saudo. Sabela Scaramuzzino

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela. Que tal coas mates, entendiches todo ben coa axuda dos vídeos? E, que tal os de Sociais, dás entendido o fundamental deses momentos históricos? Unha aperta-

      Eliminar
    2. Ola Irene . Onte cos videos entendino mellor. Si dou entendido o fundamental deses momentos historicos , encantame saber do pasado .
      Un saúdo.

      Eliminar
  7. Ola Manuel, xa rematei as tarefas.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Breogán. Hoxe non había que resumir, como lle puxemos no comentario a Xian, porque o vídeo en si mesmo xa é un resumo. Así tamén vos axudaba a ver que as ideas fundamentais dun texto ou vídeo son poucas, por iso, un resumo é breve. Ás persoas que teñen moita memoria, ás veces, élle moi difícil resumir porque se quedan con todo e todas as ideas lles parecen importantes, pero o verdadeiramente importante son os acontecementos chave que teñen consecuencias. Haberá máis vídeos para resumir o seu contido. Unha aperta.

      Eliminar
  8. Ola Xandre. Xa vemos que che interesa moito o tema da historia contemporánea. Seguramente o teu tío avó participou na guerra civil, que imos estudar despois da ditadura de Primo de Rivera e foi levado a un campo de concentración en Francia.
    O teu interese polas consecuencias das guerras e da historia demostra moita implicación co sufrimento do ser humano. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  9. A min encántame ver documentais sobre guerras e este tamén o vin .
    Un saúdo , coidate .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Excelente Iago, que vos interese a historia, porque dos acontecementos pasados saen os de hoxe. Non pasan as cousas porque si, sempre veñen de antes, e, se non coñecemos a historia, non nos damos conta de que algúns períodos terribles poden repetirse, somos uns inconscientes e podemos volver caer na violencia e nos confrontos irracionais que non conducen ao ser humano e as sociedades á paz e á xustiza e así perdemos todos e todas. Unha aperta.

      Eliminar
  10. É as palabras que non entendín do de Ana Moura foron Casal , ruela e berbequim

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E, ao corrixir, fixácheste en que ruela é unha rúa estreita, berbequim unha trade para facer buracos e casa unha parella, especialmente de xente casada? Unha aperta.

      Eliminar
  11. Ola Irene , todo rematado e xa vin os vídeos
    Un saúdo Uxía Miranda.

    ResponderEliminar
  12. Ola Irene. Xa rematei todo e non tiven ningunha dúbida. Vouche enviar o de Mates al teu correo. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Enviar um comentário

Mensagens populares deste blogue

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 14 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES, 5 DE MAIO